lunes, 2 de octubre de 2023

INXUSTA DERROTA DOS MODESTOS EN ÓRDENES

É difícil comprender como o Cultural Maniños non foi quen de sacar algo positivo da súa visita a "Vista Alegre", casa da SDC Órdenes. Partido igualado e competido cunha parte para cada un e onde os locais foron capaces de aproveitar un das contadas ocasións das que se dispuxo e que ao cabo lle supuxo o único gol do partido, suficiente para levarse os tres puntos en xogo. 

Saúdo inicial

O partido comezou con iniciativa e posesión de balón por parte do Órdenes que asediaba a portería de
Mateo sen xerar grandes ocasións de gol. Curiosamente a primeira gran ocasión tívoa Pedro que disparou cruzado un balón franco que lle chegou dentro da área. Cando parecía que estaba a baixar o acoso local unha rápida contra dos locais levada por banda dereita acabou nun centro ao corazón da área e aí un xogador local libre de marca fusilou a Mateo que nada puido facer. De aquí ao descanso algunha opción local máis como un un para un que parou Mateo pero o equipo non sufriu en exceso sen xerar tampouco opcións llegándos e ao descanso co coñecido (1-0).  

Intre de partido

A segunda parte foi outra historia diferente, iniciativa e control do partido e do balón dos brancos que atacaban a un equipo pechado atrás que esperaba a súa oportunidade nalgún contra para matar o partido. Oportunidade que non chegou. Pola súa banda o
Maniños dispuxo de achegamentos e mesmo de oportunidades para empatar o partido destacando unha en tempo de desconto en que o balón se paseou pola área pequena sen que ninguén metese un pé que levase o balón ao fondo das redes. O partido finalizaba con o (1-0) con que finalizou a primeira metade.
Moita disputa en "Vista Alegre"

Unha pena pois a sensación é a de perder un punto pero hai que quedarse co positivo, o equipo mellora a cada partido, claro paso adiante e melloría defensiva que xa se constatou no partido fronte ao Relámpago . Xogando así chegarán os resultados. O peor os problemas físicos de Ángel. Esperemos que sexa o menos posible...

O próximo domingo, derbi fenés coa visita do CCRD Perlío. Será en O Pote a partir da 16.00 H.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí