lunes, 23 de octubre de 2023

UN BRILLANTE MANIÑOS GOLEA EN CARRAL

Vitoria de moito mérito do Maniños nun deses campos coñecidos na categoría pola súa dificultade, xa que unido ao potencial do equipo local súmaselle o campo de herba natural, pequeno e que a UD Carral coñéceo de corrida. Ademais tradicionalmente é un campo que se dá mal aos brancos que mesmo foi goleado en "O Castro" nas súas últimas visitas. Nesta ocasión o equipo realizou un gran partido, tivo a efectividade precisa, defendeuse con orde e foi xusto vencedor da contenda. 

A primeira parte empezou cun dominio e un control total do Maniños que deu o seu froito aproximadamente ao cuarto de hora tras unha xogada de Pedro que remata Víctor ao fondo das redes. Un gol que permitiu aos brancos afrontar con máis tranquilidade o partido. Os locais a base de empuxe tentaron meter ao Maniños atrás e foron capaces de xerar algunha ocasión clara de gol nalgún caso resolto por Mateo e a máis clara na última xogada da primeira parte tras unha prolongación de cabeza tras un balón parado que é rematado fóra por un xogador local en inmellorable posición. Con un apretado (0-1) o partido foise ao descanso. 

Intre do partido disputado en "O Castro"

A segunda parte empezou da mellor maneira posible para os brancos, Javi Miragaya aproveita un erro dun dos centrais locais, plántase diante do porteiro e báteo por baixo. (0-2) e aí o Maniños dáse conta que non se escapa o partido. O Carral acusa o golpe e de novo Javi Miragaya ateiga o golpe definitivo cun novo disparo tras recibir un fenomenal pase. (0-3) e partido finiquitado.
O Carral tentouno con numerosos disparos a portería e balóns parado pero a defensa branca inconmensurable resolveu con solvencia. Faltando 10 minutos, Hugo, puxo o (0-4) cun gran disparo desde o bordo da área e de aí ao final os locais buscaron o gol do honra cousa que conseguiron finalizando o partido. (1-4) evitando a posibilidade de deixar a porta a cero. Unha bagoa... Final e tres importantes puntos véñense para O Pote

Como se dijo antes, tres puntos valiosos que permiten aos brancos consolidarse na zona media alta da táboa para afrontar con optimismo os duros partidos que se lle presentan a continuación empezando polo do domingo ante o potente Olímpico CF actual Subcampión de Liga e da Copa Coruña. Un enfrentamento que se fixo habitual nas últimas tempadas. 

Parabéns Equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí