Gran vitoria do filial no Campo Municipal de Moeche que lle permite clasificarse para a segunda fase como peor dos tres segundos o que lle sitúa na sexta posición e enfrontarase na seguinte fase ao peor dos primeiros. A vitoria é importante entre outras cousas para garantir a continuidade en 2ª Galicia no hipotético caso (moi difícil) de que se active a 3ª Galicia.
Intre do partido xogado no Municipal de Moeche |
O partido como non pode ser doutra maneira foi moi igualado, intenso e pelexado que se decidiu cun gol en cada parte o primeiro por mediación de Alex Feal que anotou por terceira semana consecutiva e o gol que sentenciou o partido foi de Aitor que supuxo o (0-2) e os tres puntos que veñen a O Pote.
Alex Feal e Aitor autores dos goles feneses |
Gran segunda fase da competición, un tanto inesperada polas circunstancias que rodean ao equipo e que se saíu de 4º e con tres puntiños polo tema das compensacións pola clasificación da 1ª fase. De feito só se perdeu un partido e na última xogada en Pontedeume e como detalle cedeuse un empate tamén ao final en Os Calzados co que o rendemento na fase está a ser óptimo.
Aplausos de agradecemento aos aficionados que desprazaronse a Moeche |
Agora a rematar esta segunda fase nun partido intranscendente para os brancos para a clasificación, segundo seguro pérdase ou se gañe pero haberá que tentar gañar pola honrilla e por dignificar a competición e o futuro rival en cuartos que sairá entre Eume ou Sansa/Neda, según se den os resultados. Agora a traballar e preparar o partido do fin de semana e logo xa se verá.
Bo traballo equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí