martes, 2 de mayo de 2023

O FILIAL FAI OS DEBERES E GAÑA CON SUFRIMENTO AO XUVENTUD CABANAS

Partido máis complicado do que reflicte o resultado, resolto nos instantes finais con dous goles que fixeron xustiza ao que sucedeu sobre o terreo de xogo. Destacar desde o principio a achega ao grupo dos xuvenís que xogaran o seu partido o día anterior e que achegaron a frescura na recta final do partido para sacalo adiante. Nesta ocasión foron 4, Edu, Víctor, Miguel e Alex pero faise extensivo a todos os xuvenís sempre dispostos a achegar e axudar.

(3-2) Edu (conexión juvenil Víctor - Edu)
(Vídeo: M. Rodríguez)


Saíron os brancos con moitos bríos e continuos achegamentos á portería do ex xogador branco,
Sergio Chao "Checho" que entre malas decisións, falta de precisión e acertos da defensa e porteiro o balón non entraba. Foron os visitantes os que se adiantaron no marcador ao executar con gran precisión unha falta lateral que entrou polo pau longo sen que puidese facer nada Carlos. Tocou remar e foi a través dun penalti ao derrubar Checho a Alex Feal, este mesmo lanzouno, detivo Checho e Cavezza moi oportuno aproveitou o rexeite e poñíanse as táboas no marcador. Pero practicamente na seguinte xogada penalti moi dubidoso por unhas supostas mans de Rubén que transforman os visitantes poñendo o (1-2) e con este resultado o partido foise ao descanso.

Na segunda parte dominio do partido dos brancos e un Cabanas que cada vez foi dando un paso máis atrás pero resolvendo con eficacia os ataques brancos. Cavezza cun golazo de vaselina puxo as táboas con media hora por diante, pero non foi ata os instantes finais cando primeiro o xuvenil Edu tras un sensacional pase do tamén xuvenil Víctor e logo Alex Feal tras outro gran pase do xuvenil Alex asinaron o que finalmente sería o (4-2) definitivo. 

Tres puntos moi importantes e que lle permiten aos brancos sumar 20 e eses números reflicten que se os rapaces de Michel son quen de puntuar en Moeche estarán clasificados para a seguinte fase. Aínda a si sexa como sexa afrontarán a última xornada dependendo deles mesmos así que a seguir traballando para mellorar día a día.

Bo traballo equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Michel Rodríguez en www.radiofusion.eu, preme aquí