lunes, 15 de mayo de 2023

DERROTA DO MODESTO PARA DESPEDIR A TEMPADA

Non foi o final de liga desexado para o Maniños nunha liga que acabou desde hai varias xornadas para os brancos pola ausencia dun obxectivo claro que fixo que este tramo final fixésese demasiado longo pero cun rendemento visto desde unha perspectiva global o suficientemente bo para terminar a tempada sen ningún apuro clasificatorio. 

Saúdos protocolarios do comezo de partido
(Foto: Tono Santos)

O resumo do partido nesta ocasión vai ser moi breve, mal partido dos brancos que lles custou centrarse e con pouco ritmo. Despóis de varias oportunidades dos visitantes foi
Kevin Stiven o que adiantou aos amarelos no marcador. Con poucas opcións máis se chegou ao descanso. A segunda parte seguiu coa mesma tónica ata que os brancos fixeron os cambios que reactivaron aos locais. Despois de varias oportunidades Ipi puxo as táboas para xa no tempo de desconto indecisión defensiva branca e Rafa puxo o (1-2) final. 

Abraham nunha boa parada a Kevin Stiven
(Foto: Tono Santos)

Resultado sen importancia a nivel clasificatorio pero se de sensacións e estas non son as mellores para afrontar o duelo copeiro do próximo mércores nos
Pinares e ante os locais e veciños do Concello do CCRD Perlío. Confiamos plenamente neste grupo para afrontar o reto de repetir final de copa despóis da da tempada pasada ante o Eume Deportivo que precisamente xogará a outra semifinal ante a UD Cebarca en Cerdido.

Intre do partido
(Foto: Tono Santos)

Acabouse a liga, 51 puntos e un 9.º posto final que consolida por segunda tempada consecutiva ao equipo en Primeira Galicia. Non foi unha tempada tan brillante como o anterior pero non todos os anos son iguais como é sabido pero non por iso hai que pensar que foi mala nin moito menos, é deporte e non sempre se gaña. 

Transmitir o parabén ao AD Miño por proclamarse Campión de Liga e o seu consecuente ascenso a Preferente e desexarlle moita sorte ao Olímpico CF, Eume e SD O Val na fase de ascenso. Moitos ánimos á Familia do Vizoño, SD, Brexo Lema e especialmente á dos nosos veciños do Numancia polo descenso de categoría.

A liga acabou pero non se pechou o ano, mércores Copa...toca soñar!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí