jueves, 18 de mayo de 2023

NON PUIDO SER, ELIMINADOS DA COPA

A crónica deste partido é moi sinxela, se desaproveitas as túas ocasións, se non matas un partido, en definitiva se deixas con vida ao teu rival, o fútbol ten unha lei non escrita pero sobradamente coñecida, o que o rival acábache matando... 

Unha primeira parte cun Maniños moi superior que se adiantou no marcador por mediación de Ipi cun xogo coral, cun Iago en estado de graza e con numerosas ocasións para os brancos, Ipi, Pedro, Anxo, Pablo... pero só un exiguo (0-1) ao descanso. 

A segunda parte para esquecer. O partido descontrolouse e o Maniños empezou a sufrir. Os locais aproveitaron nun par de minutos as súas opcións e xa non se xogou máis...

Agora xa no vale de nada lamentarse, é fútbol e esta vez saíu cruz... 

Felicitar ao CCRD Perlío e á UD Cebarca (que derrotou ao Eume na outra semifinal).

E con este partido finaliza a tempada 2022/23. Haberá que deixar pasar uns días e será tempo de facer balances e valoracións.

Grazas á afección polo seu apoio incondicional!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí