A crónica desta semana do partido do noso primeiro equipo vai ser moi curta porque pouco hai que contar. Demasiado pouco. Nun contexto no que a efectos clasificatorio os brancos non se xogaban nada mentres os locais xogábanse unha das súas últimas bazas para meterse na promoción de ascenso a Preferente aínda que o ten francamente difícil, o factor motivación foi fundamental e aí empezou a decantarse o partido para o Cedeira.
![]() |
Minuto de silencio por Arsenio Iglesias |
O traballo psicolóxico do adestrador de que todos os partidos son importantes e que hai que manter a tensión de fronte ao final de tempada non produciu efecto e a falta de tensión branca foi determinante. O Cedeira sen facer practicamente nada se foi ao descanso cun claro (3-0). Tres tiros a portería tres goles, co mesmo protagonista que serviron para decantar a balanza a favor dun equipo local que non necesitou nin pisar o acelerador. Antes do primeiro gol local Grueiro estrelara un disparo desde fóra da área no traveseiro. Partido resolto para os locais no descanso.
![]() |
Un intre do partido de ida entre estos dous equipos (Foto: Tono Santos) |
4 cambios meteu Pablo Mesa no tempo de descanso. Tratábase de meter xente de refresco para acabar o partido sen recibir un castigo máis avultado. Foi empezar a segunda parte e caía o cuarto para os locais e de aí ao final o partido consistiu en deixar pasar os minutos ata o final como así foi finalizando o partido co claro, contundente e inapelable (4-0).
A derrota máis contundente do Maniños na presente tempada ante un gran rival, favorito a priori da competición e que está a apurar as súas opcións que pasan por gañar no difícil campo do Eume e que pique a SD O Val ante o Crendes. Non parce fácil pero isto é fútbol. O Maniños encara a recta final da tempada esperando que recuperar o seu xene competitivo para poder loitar polos seus últimos obxectivos. Que complicado é xogar en terra de ninguén...
O próximo finde para terminar a tempada visita O Pote o CD Narón. Por acordo entre os dous equipos xogarase o sábado. A por os tres puntos!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí