martes, 2 de mayo de 2023

OS VETERANOS TRÁENSE OS TRES PUNTOS DA TORRE

Importante vitoria dos veteranos que está claro que ultimamente se lle dá mellor xogar fóra que en casa onde lle custa gañar e con todo está a resolver os partidos a domicilio cunha relativa comodidade. Nesta semana desprazamento a Torre para enfrontarse ao Gaiteira Veteranos Birra's onde se impuxeron por un claro (1-4). 

Rober anotou os dos últimos goles
(Foto: Mercedes Lamas)

O partido decantouse rapidamente para os brancos (de burdeos nesta ocasión) con dous goles no primeiros cinco minutos por mediación de
Marcos Sánchez e Mon. Neste contexto de partido que se vivía cunha relativa placidez, dous momentos complicaron a vitoria, por unha banda o Gaiteira acurtou distancias e por outra a expulsión de Raúl. Afortunadamente Rober ampliou distancias para na recta final do partido, o mesmo Raúl asinou o (1-4) que ao cabo foi o resultado final. 

Ramón nun intre de partido
(Foto: Mercedes Lamas)

Vitoria xusta do
Maniños que suma 46 puntos posicionándose na zona media alta da táboa esperando nesta recta final aínda subir algún posto máis aspirando na súa visión máis optimista e  desde a distancia ao 4º debido a que ocupa o Campanal de Loureda con 7 puntos máis e 21 en xogo. Complicado pero hai que fixarse obxectivos!!!

Seguimos !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí