lunes, 15 de mayo de 2023

DERROTA DOS VETERANOS ANTE UN BO COIRÓS

Derrota dos nosos veteranos que non acaban de conseguir unha regularidade que lles impediu tentar subir algún posto na clasificación. Nesta ocasión desprazamento ao Campo da Cortella de Coirós de herba natural o que fixo aínda máis difícil o partido en se xa complicado.

Xa nos/nos pareceu o Coirós CF un bo equipo no partido de ida cunha vitoria branca pola mínimo con polémica por un gol salvado por Caste na raia de gol na última xogada do partido e que levou ás protestas dos visitantes. 

Nesta ocasión vitoria merecida dos locais que empezaron moi fortes presionando arriba e que se adiantaron moi pronto. O Maniños logrou o empate cun mísil teledirixido de Marcos Sánchez. Mediada a segunda parte de novo os locais adiantáronse no marcador para xa na recta final sentenciar o partido co definitivo (3-1). O Coirós CF penalizou as imprecisións brancas para facerse co partido e sumar os tres puntos en xogo. 

O oitavo posto parece definitivo aínda que con opcións de subir 1-2 postos con 5 xornadas por diante nesta segunda experiencia na Terceira División de Veteranos. 

Toca seguir!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí