lunes, 17 de febrero de 2025

UN EFICAZ MANIÑOS DERROTA NA TORRE AO CD MARTE

Vitoria de moito valor do Maniños ante un moi bo equipo como é o CD Marte que vendeu moi cara a súa derrota do mesmo xeito que no partido de ida en O Pote. Dominio territorial local pero con pouca efectividade de fronte ao gol. 

Intre do partido na Torre 1

Empezou ben o Maniños con varios achegamentos incluído un remate de chilena de Santi á saída dun córner  e pronto se abriría o marcador cun gran pase de Adri a Santi que cun gran disparo adiantaba aos brancos. Gran asistencia e gran definición. Pouco despóis gran oportunidade para os locáis, falta ao bordo da área fantasticamente executada por Andrés e gran parada de Mateo. Nova ocasión local cun tiro cruzado dun xogador local que saíu rozando o porte esquerdo da portería defendida por Mateo. E cando o partido parecía que se ía ao descanso co coñecido (0-1) un balón maxistralmente filtrado ao capitán Óscar que encara a Mateo ao que supera por baixo. (1-1) e partido ao descanso. O empate local facía xustiza ao visto nos primeiros 45 minutos. 

A segunda parte comezou cun Marte intenso que forzou nestes minutos varios saques de esquina ben defendidos polos visitantes. Nesa dinámica de partido e cando o Maniños se sacudiu o dominio, forzou un saque de esquina e no lanzamento agarrón a Santi e o colexiado sinala penalti que transforma Miragaya. (1-2) e aínda moito tempo por diante. E si, o CD Marte buscou o empate con afán pero con pouco acerto. De feito, Mateo apenas tivo que intervir para resolver xogadas de perigo real. Eran máis sensacións que outra cousa. Aínda así o equipo soubo sufrir incluso contando con algunha ocasión clara de gol pero tampouco se estivo acertado na definición sobre todo nunha de Álvaro tras pase filtrado de Raúl que inmellorable posición golpeou coas dúas pernas malgastando a ocasión. Neste escenario o partido finalizou co coñecido (1-2) final que permite aos brancos sumar tres importantes puntos.

Non foi o mellor día do Maniños pero en todo momento foi un equipo solidario e moi eficaz nas áreas resolvendo con acerto as acometidas locais e aproveitando as súas opcións aínda que tamén é certo que tivo un par de ocasións para matar o partido e non sufrir tanto. Tres puntos que saben moi ben polo nivel do rival. 

E agora a preparar ben o seguinte partido ante outro bo equipo da cidade da Coruña como é o Torre, SD. Será o domingo en O Pote á 17.00 H.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí