lunes, 24 de febrero de 2025

OS VETERANOS SEGUEN SEN DAR COA TECRA

 O pasado fin de semana, no encantador campo de O Pote, viviuse o enfrontamento entre o Cultural de Maniños e o Vioño. O encontro culminou coa vitoria de 2 a 5 a favor do Vioño.

Dende o primeiro asubío do árbitro, o Maniños saíu ao campo con determinación e enerxía, creando varias ocasións de gol que acenderon os ánimos dos seguidores locais. Non obstante, a falta de puntería evitou que concretaran esas oportunidades.

Os do Pote comezaron ben o partido, pero o mal común deste ano fixolles incar o xeonllo tralo primeiro gol do Vioño, que na sua primeira ocasión si foi quen de facer diana. Este golpe fixo dubidar aos xogadores de Maniños, que perderon o control do xogo.

O primeiro tempo rematou cun marcador de 0 a 2 a favor do Vioño.

O segundo tempo comezou competido, pero pronto os brancos encaixaron dous goles consecutivos nos minutos 54 e 55, o que acabou coas esperanzas maniñesas.

A pesar da desvantaxe, Maniños non se rendeu e logrou reducir a diferenza cun bo gol Javi Pedreiras dende fóra da área no minuto 80, coñecido como o gol da honra.

A ledicia durou pouco, e o Vioño volveu marcar rapidamente o 1 a 5.

Foi finalmente Ramón quen maquillou o resultado tras unha boa xogada de Javi Rico e un posterior disparo cuxo rexeite foi aproveitado polo propio Ramón para enviar o balón ao fondo da rede. 2-5

Demasiado castigo para os veteranos, que a pesar de nunca renderse, non son quen de darse una alegría que permita crer neles mesmos.