martes, 28 de abril de 2026

HOXE COMENZA A XORNADA DO FIN DE SEMANA

Case todolos clubs están buscando liberar o fin de semana de partidos para facer a ponte do 1 de maio máis levadeira. Por eso o Maniños hoxe despóis de chegar a un acordo co Eume adiantou a derradeira xornada do seu grupo. 

O partido a disputar hoxe martes 28 no Pote e o seguinte:

ALEVINES
Cultural Maniños - Eume "B"
Martes 28, 18:15 H
O Pote

GO MANIÑOS

lunes, 27 de abril de 2026

PARABÉNS AOS CADETE POLO SEU ASCENSO

Gran xornada para o fútbol base do Club co ascenso a Primeira Futgal do equipo cadete tras a derrota do Eume
Hoxe cos deberes feitos victoria (5-3) ante outro dos galiños da competición o EF Irmandiños ao que desexamos sorte (como ao Eume Deportivo) na recta final da competición.

Felicitacións a Plantilla de xogadores e Corpo Técnico encabezado por Pablo Mesa e seús axudantes Dani Zapa, Rober Pazos e Ángel López.

Unha gran alegría para todo o Club!!!

Parabéns!!! 

GO MANIÑOS

BOA XORNADA DOS SENIORS DO CLUB

Segunda División – Feminino

Brexo Lema S.D. 4 - 0 Cultural Maniños
Tropezón do Femenino.

Non tiveron sorte as nosas no seu desplazamento, e caeron no campo do Brexo Lema S.D. por un marcador de (4-0). A efectividade local foi clave e as nosas non puideron materializar as súas opcións.

Toca seguir traballando coa cabeza alta, que isto non para!

Queremos mandar moita forza e desexar unha pronta recuperación a Cloe, que tras sufrir un golpe nun encontronazo tivo que recibir puntos de sutura. Por sorte quedou nun susto e esperamos vela pronto de volta no campo. Ánimo Cloe!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial

S.D.R. Canido 1 - 3 Cultural Maniños
O Filial xa é de Fase de Ascenso!

Xornada de moita ledicia para noso Filial. O equipo asegurou matematicamente a súa presenza na fase de ascenso tras vencer a domicilio á S.D.R. Canido (1-3).

​O encontro púxose de cara moi cedo grazas ao olfacto goleador de Marcos, que asinou un dobrete na primeira media hora (3' e 30'). Aínda que o Canido recortou distancias no 74', o Maniños non se puxo nervioso e sentenciou no desconto cun gol de Gianni (92').

Parabéns a todo o grupo por este obxectivo cumprido!

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.galpreme aquí


Terceira Futgal – Veteranos

Merurio S.D. 0 – 3 Cultural Maniños
Estrea de luxo dos Veteranos na Copa Coruña da categoría.

Comezo inmellorable para os Veteranos na Copa Delegación. O Maniños pasou por riba dun dos "galos" da liga, o Mercurio S.D., cunha vitoria contundente por (0-3).

​Os blancos, moi serios, foron superiores durante todo o encontro e deron un golpe encima da mesa.

Victoria clara e portería a cero ante o "pichichi" da liga.

O nome propio do partido foi Javi Rico, que foi quen de asinar un hat-trick.

Con este resultado o Cultural amosou que o equipo non esta de paso nesta competición e que quere ser protagonista.

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

GO MANIÑOS

DESFEITA SEN PRECEDENTES DOS MODESTOS NO GARCÍA HERMANOS

Unha desfeita...


Dura derrota do Maniños nun encontro que se torceu dende o primeiro minuto. O Betanzos saíu moi enchufado
 e aproveitou cada erro dos visitantes para abrir unha fenda no marcador xa nos compases iniciais. A eficacia local e a dificultade do Maniños para asentarse no partido marcaron claramente o desenvolvemento da primeira metade.

Faltou intensidade e o Cultural Maniños nunca estivo no partido, superado en moitas fases do xogo e sen capacidade de reacción. Os goles foron caendo case sen resposta, cun rival moi inspirado en ataque e un Maniños que, malia intentalo, non foi quen de frear o vendaval ofensivo. Co paso dos minutos, o encontro fíxose costa arriba, chegando ao descanso cun marcador moi adverso.

Na segunda metade, o equipo tentou dar un paso adiante e mellorar a imaxe, pero o Betanzos continuou dominando e ampliando a vantaxe. O tanto da honra chegou xa no treito final, obra de Álvaro España, que polo menos serviu para maquillar o resultado (por decilo suavemente). 

Toca aprender, levantar a cabeza e seguir traballando para competir mellor. 

A final de Copa no horizonte, tocar mudar o estado de ánimo e creer!!!

Toca levantarse e pasar páxina...

Seguimos !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (24-25-26) ABRIL

PREBENXAMÍN (2º FASE - X13): Cultural Maniños - CD Cariño (1)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X13): FC Ortigueira - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X13): Cultural Maniños - SD Portuarios (X)
ALEVINES (2º FASE - X13)Galicia Mugardos "B" - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (2º FASE - X14): Cultural Maniños 1 - Cedeira, SD 8
CADETES (FASE ASCENSO - X08): Cultural Maniños 5 - EF Irmandiños 3
XUVENILES (2º FASE - X16)Galicia Mugardos "B" 2 - Cultural Maniños 2
VETERANOS (COPA - X01):  SD Mercurio "B" 0 - Cultural Maniños 3 (Javi Rico (3))
FEMININO (X29): Brexo Lema, SD 4 - Cultural Maniños 0
FILIAL - 3ª FUTGAL (X15): SDR Canido 1 - Cultural Maniños 3 (Marcos (2) e Gianni)
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X31): Betanzos CF 9 - Cultural Maniños 1 (Álvaro)

miércoles, 22 de abril de 2026

PARABÉNS AO CD LALÍN, CAMPIÓN DE PREFERENTE 2025/26

Dende O Cultural Maniños queremos felicitar ao CD Lalín polo seu brillante campionato de liga de Preferente Futgal e ascenso a 3ª Federación. 
Parabéns!!!

RECOÑECEMENTO AO NOSO FEMININO

Si hai un equipo no club que destaque pola súa resiliencia e o feminino. Tempada moi difícil nun grupo de 17 equipos (o outro é de 15) con grandes desprazamentos e moi mermadas de efectivos. 
Honra para as 14-15 xogadoras que sempre dan a cara polo equipo!!! 

Grazas! 

GO MANIÑOS

HORARIOS FIN DE SEMÁN DO (24-25-26) ABRIL

 

lunes, 20 de abril de 2026

PLENO DE VICTORIAS NA XORNADA SENIOR

Segunda División – Feminino

Cultural Maniños 1 - 0 A.D. Nicrariense 

Partido decisivo e de máxima tensión o que afrontaba o Cultural Maniños ante un rival directo… e resposta de equipo grande.

Saíron moi enchufadas as locais, conscientes do que había en xogo, e non tardou en chegar o premio co tanto de Lara Míguez (10’). Un gol que marcou o rumbo dun encontro moi disputado.

A partir de aí, tocou traballar, sufrir e competir cada balón. O rival apertou, como era de esperar nun duelo destas características, pero o Maniños mostrouse sólido, ordenado e con carácter para defender a vantaxe.

Tres puntos de ouro nun partido dos que marcan a tempada.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.galpreme aquí


Terceira Futgal – Filial
 
Cultural Maniños 4 -3 Xuventud Cabanas
Partidazo e festival ofensivo para un Cultural Maniños que se levou un triunfo sufrido ante o Xuventud Cabanas (4-3).

Non puido empezar mellor o encontro, con Pablo Pérez (4’) abrindo o marcador, aínda que a resposta visitante foi inmediata. O partido entrou nun intercambio de golpes constante, con alternativas no marcador.

A pesar dos intentos finais do rival, o Maniños soubo resistir e amarrar tres puntos de moito mérito.

Un deses partidos tolos que fan afección.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

GO MANIÑOS

DERROTA ANTE O AD MIÑO NUN PARTIDO DE TABOAS

Derrota pola mínima do Maniños nun partido moi igualado.


O encontro comezou cun ritmo alto e moita igualdade sobre o terreo de xogo. A.D. Miño, consciente da importancia dos puntos na loita pola permanencia, saíu con intensidade, pero o Cultural Maniños non tardou en igualar forzas e mesmo en facerse co control en varias fases do primeiro tempo.

Os locais dispuxeron das ocasións máis claras, pero a falta de acerto de cara a portería impediu que se adiantasen no marcador. E cando mellor estaban os brancos, chegou o golpe: o Miño anotou no minuto 42 da primeira metade.

Na segunda metade, o guión mudou pouco. O Maniños asumiu máis protagonismo e buscou con insistencia o empate, pero atopouse unha e outra vez co mesmo problema: a falta de precisión nos últimos metros.

A pesar do dominio territorial, os brancos non lograron transformar as súas chegadas en ocasións decisivas.

Pola súa banda, o Miño tamén contou con opcións para sentenciar á contra, pero o bo traballo defensivo local e a falta de puntería mantiveron o resultado aberto ata o final.

O solitario gol na primeira metade acabou decidindo un encontro no que o Maniños mereceu máis, pero no que volveu penalizar a falta de acerto.

Ademais, aproveitamos a xornada para facer un recoñecemento ao gran traballo do fútbol oito e a todos os seus rapaces, peza clave no futuro do club.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

GO MANIÑOS

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (17-18-19) ABRIL

PREBENXAMÍN (2º FASE - X12): Meirás CF - Cultural Maniños (2)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X12): Cultural Maniños - Galicia Mugardos (X)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X12): CD As Pontes "B" - Cultural Maniños (1)
ALEVINES (2º FASE - X12): Numancia - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (2º FASE - X13): CMI Club de Campo 3 - Cultural Maniños 0
CADETES (FASE ASCENSO - X07): CMI Club de Campo 1 - Cultural Maniños 3
XUVENILES (2º FASE - X14)Cultural Maniños 12 - SD Libunca 0
VETERANOS (--): FIN DE LIGA
FEMININO (X28): Cultural Maniños 1 (Gorgullo) - AD Nicrariense 0 
FILIAL - 3ª FUTGAL (X14):Cultural Maniños 4 (Pabo (2), Gianni e Juanlu) - Xuventud Cabanas 3
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X30): Cultural Maniños 0 - AD Miño 1

martes, 14 de abril de 2026

BOA XORNADA DOS EQUIPOS SENIOR E HONOR PARA O NOSO FEMININO

Segunda División – Feminino

Victoria C.F. "C" 2 - 0 Cultural Maniños


Unha vez máis mermadas polas baixas, as nosas loitaron coma leoas ante un gran rival. O Victoria aproveitou as súas chances (21', 40'), pero a entrega do Maniños foi total ata o final. ¡Orgullo!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Óscar Bermudez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial

Racing San Pedro 1 - 2 Cultural Maniños


¡Vitoria de autoridade! O noso filial resolveu con moita pegada. Goles de Gianni Rufai (26') e Gabriel Ciocca (45') para encarrilar os tres puntos. O rival recortou distancias, pero a vitoria viaxa para O Pote. ¡Bravo, rapaces!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Veteranos

Cultural Maniños 3 – 1 C.D. Ciudad


¡Final de liga épico en O Pote! Comezaron perdendo os brancos, pero souperon reaccionar con prontitud e tralo (0-1), apareceu Javi Rico para remontar: primeiro cunha das súas xa míticas chilenas e logo de penalti.

E para o final... ¡o milagre! Adrián soltou un latigazo desde o pico da área que, axudado polo vento , acabou en golazo de portería a portería. ¡Melé sobre o porteiro e éxtase total!

Tras un inicio de tempada complicado, o veterano remata a tempada en metade da táboa e novamente disfrutando do fútbol.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

GO MANIÑOS

DERROTA ANTE O PUEBLA FC QUE SUPÓN O DESCENSO MATEMÁTICO

Comezou forte o Cultural Maniños, que se adiantou moi cedo no marcador por medio do enrachado Gonza, que aproveitou unha boa acción ofensiva para poñer o 1-0 nos primeiros minutos. Porén, o Puebla, que chegaba tamén nun bo momento de forma, reaccionou axiña e conseguiu darlle a volta ao marcador antes do descanso.
Na segunda metade, o Maniños deu un paso adiante e amosou por momentos un xogo fluído en tres cuartos, pero faltou profundidade, non sendo quen de xerar perigo na portería visitante. O equipo buscou o empate, pero faltou acerto nos metros finais para xerar ocasións claras. Co Maniños volcado en ataque, o Puebla sentenciou o encontro nunha contra que puxo o definitivo (1-3).

A pesar da derrota, o equipo segue competindo e mirando cara adiante: quedan cinco partidos para seguir desfrutando, medrando e gañando experiencia nesta categoría.

Lamentablemente o descenso é xa un feito matemático...

Agora a final da Copa no horizonte!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

lunes, 13 de abril de 2026

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (10-11-12) ABRIL

PREBENXAMÍN (2º FASE - X11): Cultural Maniños - SD Valdoviño (2)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X11): CMI Club Campo "B" - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X11): Cultural Maniños - Galicia Caranza (X)
ALEVINES (2º FASE - X11): Cultural Maniños - SD Libunca (1)
INFANTILES (2º FASE - X12): Cultural Maniños 0 - CD Narón 3
CADETES (FASE ASCENSO - X06): Cultural Maniños 4 - Eume Deportivo 0
XUVENILES (2º FASE - X13): Eume Deportivo 1 - Cultural Maniños 2
VETERANOS (X22): Cultural Maniños 3 (Javi Rico (2) e Adrián) - CD Ciudad 1
FEMININO (X27): Victoria CF 2 - Cultural Maniños 0 
FILIAL - 3ª FUTGAL (X13): Racing San Pedro 1 - Cultural Maniños 2 (Gianni e Gabri)
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X29): Cultural Maniños 1 (Gonza) - Puebla FC 3

viernes, 10 de abril de 2026

ÁNGEL OPERADO CON ÉXITO DE LA RODILLA

Iste xoves 9 foi intervenido cirurxicamente da sua rotura de ligamento cruzado da rodilla dereita o noso querido xogador Angel López. 
A operación foi un éxito esperandose q hoxe venres si non hai contratempos poda marchar a seu domicilio. 

Moitos ánimos Gelo e a recuperar ao 100%

HORARIOS FIN DE SEMÁN DO (10-11-12) ABRIL

 

lunes, 6 de abril de 2026

ESTAMOS NA FINAL DE COPA !!!

A Cultural Maniños xa está na final!
O encontro disputouse nun campo de herba natural, de pequenas dimensións e propicio para o xogo directo. O C.D. Rosalía apostou desde o inicio por un fútbol moi físico, con moita intensidade nos duelos, aínda que por momentos esa intensidade foi algo mal entendida, con entradas demasiado fortes.

A primeira metade estivo marcada polo xogo directo e polos continuos duelos. Houbo pouco fútbol combinativo e poucas ocasións claras, nun partido moi trabado e con moitos balóns longos e segundas xogadas. Así se chegou ao descanso co empate sen goles.

Na segunda parte o Maniños foi asentándose mellor no campo e comezou a facer dano tamén en accións aéreas e balóns colgados. No minuto 63 chegou a xogada decisiva: Javier González “Gonza” recolleu un rexeite dentro da área e, tras un primeiro intento, na segunda enviou o balón ao fondo da rede. Co marcador en contra, o Rosalía colgou aínda máis balóns á área e buscou o empate a base de xogo directo. O balón merodeou o área do Maniños nos minutos finais, pero sen ocasións claras.

O Maniños soubo sufrir e incluso dispuxo de dúas ocasións moi claras á contra para sentenciar o encontro, aínda que non conseguiu materializalas.

Finalmente, os brancos certificaron unha vitoria moi traballada nun partido duro e de moita batalla que os leva á final da XXV Copa Ferrol.

Alí agardará SD O Val, nunha final que será o premio ao esforzo de toda a tempada.

Felicitar ao CD Rosalía por su excelente Copa e desexarlle moita sorte no que queda de tempada.

Parabéns!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí