Vitoria importante do Maniños que rompe a súa mala dinámica de resultados en casa (non gañaba desde o 17 de novembro cando se derrotou ao Numancia) ao derrotar á combativo Torre, SD que levaba unha boa serie de partidos sen perder e que se instalou na metade da táboa con claras aspiracións a seguir escalando posicións.
![]() |
Intre do partido no Pote entre o Maniños e o Torre (RRSS: @CulturalManinos) |
Empezaron fortes os visitantes especialmente os 20 primeiros minutos onde dominaron o partido con varios achegamentos con tiros afastados e algún balón parado aínda que sen crear problemas serios aos brancos. Non chegou o primeiro tiro a porta dos brancos ata que Pedro disparou desviado sobre a meta coruñesa. A primeira clara ocasión foi de Álvaro que tras xogada individual disparou ao traveseiro. Pouco despois chega o primeiro gol branco da tarde, balón que conduce Adri que o filtra a Älvaro, centro deste que controla Santi ao bordo da área, balón atrás e aí Julián cun tiro raso bate ao meta herculino. (1-0). Sentou ben o gol aos brancos coas mellores oportunidades ata chegar ao descanso, un balón que se lle foi pola liña de fondo a Pedro en inmellorable posición tras un bo pase de Santi, unha falta ao bordo da área executada por Miragaya e que tras golpear na barreira sae pola liña de fondo e un tiro de Santi desviado puxeron a rúbrica á primeira parte onde o Maniños foi de menos a máis e o Torre xustamente ao revés. Co coñecido resultado de (1-0) o partido foise ao tempo de lecer.
A segunda parte non puido comezar mellor para os brancos e así un balón pelexado por Álvaro que o fai chegar a Julián este a Adri en banda que centra de primeira e alí Pedro no segundo pau só ten que empuxar para poñer o (2-0). E cando parecía que o partido estaba controlado e podía quedarse a tarde en tranquila, un minuto despóis do gol, balón en longo a un xogador visitante que aprovéitase dunha dúbida de Mateo en se saír chegando antes ao balón baténdoo por baixo. (2-1) e os visitantes enganchábanse de novo ao partido. A incerteza acabouse cando Adri fixo un magnífico pase a Santi que superou o seu defensor en carreira plantándose diante do meta visitante superándoo por baixo. (3-1) e de novo o incendio parecía controlado. A partir de aquí o partido só tivo un dominador que foi o Maniños que se culminou co último gol branco, xogada de Hugo que chega ata case a liña de fondo, pase atrás e aí Pedro cun tiro raso asinou o seu dobrete. (4-1) e final do partido.
Tres puntos importantes que como xa se dixo arriba rompe a serie negativa en O Pote que xunto aos resultados producidos na xornada levanta aos brancos á terceira posición recortando a distancia en dous puntos ao líder Victoria CF. O domingo partido ante o equipo máis en racha da competición, o Relámpago, SD de Elviña con 8 vitorias consecutivas e ao que se visitará na Grela á 18.30 H. Sen dúbida un gran reto!
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí