O pasado sábado, o campo de Elviña vibrou cun bo encontro entre o Sporting Coruñés e o Cultural Maniños. O encontro prometía ser unha batalla intensa e, sen dúbida, non defraudou.
Dende o inicio do partido, ambos equipos amosaron un alto
nivel de competencia. O Maniños adiantouse no marcador cun gol de Javi Rico no
minuto 16, poñendo ao seu equipo en vantaxe. O Sporting Coruñés igualou o
marcador no minuto 40, pero os do Pote foron quen de recuperar a vantaxe
rapidamente grazas a un gol de falta de David Coira no minuto 43, deixando o
marcador 1-2 ao descanso.
Na segunda metade, o Maniños tivo varias oportunidades
claras para sentenciar o partido, pero non logrou aproveitalas.
Foron os branquiazuis, quenes nunha contra no minuto 74, empataron
o encontro, o que aumentou a tensión no campo. No minuto 80, unha controvertida
expulsión de Raúl, cunha actitude canto menos rechamante do árbitro, obrigou a
Maniños a repregarse.
A pesar diso, Maniños resistiu e mesmo saíu á contra en
algunha ocasión con perigo, pero sen ser capaz de concretar.
Nos últimos instantes do partido, unha falta na frontal e un
rexeitamento na área deixaron o balón aos pés dun xogador coruñés, quen non
desaproveitou a oportunidade e marcou o gol definitivo, selando a vitoria de
Sporting Coruñés por 3-2.
A pesar do resultado, o equipo branco sale reforzado, pois a
pesar da mal sorte no resultado final, foi quen de competir durante todo o
encontro e incluso ser superior por momentos.
Un bo paso nunca liga complicada para os do Pote, que non
perden a ilusión por conseguir mellores resultados.
⚽ Maniños – Vioño
📆 23/02/2025