martes, 10 de noviembre de 2026
lunes, 9 de noviembre de 2026
PLENO DE FILIAL E VETERANOS
FILIAL
Gran vitoria do filial ante un dos equipos chamados a estar na parte alta da competición! O ADC Moeche que adiantouse no marcador, pero os nosos souberon reaccionar e darlle a volta ao encontro.
Marcos igualou no minuto 46 e, cando todo apuntaba ao empate, Manu Pedrosa apareceu no 85 para culminar a remontada e desatar a alegría en O Pote.
Festival goleador dos nosos veteranos! Tras unha primeira metade sen goles, a Cultural desatouse na segunda parte cunha gran exhibición ofensiva. Javi Rico, por partida dobre, David M., Kevin Mato e Ramón foron os autores dos seis tantos dunha contundente vitoria a domicilio.
Gran vitoria do filial ante un dos equipos chamados a estar na parte alta da competición! O ADC Moeche que adiantouse no marcador, pero os nosos souberon reaccionar e darlle a volta ao encontro.
Marcos igualou no minuto 46 e, cando todo apuntaba ao empate, Manu Pedrosa apareceu no 85 para culminar a remontada e desatar a alegría en O Pote.
Tres puntos de moito valor que demostran o carácter e o crecemento deste equipo.
Seguimos asi!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Manel López en www.radiofusion.gal, preme aquí
VETERANOS
Unha fin de semana de todo un pouco: aprendizaxe, emoción e goles.
Seguimos camiñando xuntos, vestindo de branco e defendendo esta familia!
GO MANIÑOS
DERROTA DOS MODESTOS EN SINDE
Partido complicado nun campo moi esixente, cun terreo de xogo que compricou os nosos. Na primeira metade, O Val estivo mellor e levou a iniciativa, aínda que a Cultural tamén tivo as súas opcións. A máis clara chegou nas botas de Cristian, cun remate que marchou fóra. Arredor do minuto 35, os locais adiantáronse nunha acción a balón parado e, pouco antes do descanso, ampliaron a vantaxe co (2-0).
Resultado xusto nunha mañá difícil, na que tamén tivemos a oportunidade de ver debutar novos xogadores que comezan a dar os seus primeiros pasos co primeiro equipo.
Na segunda metade, o marcador apenas se moveu ata que, nos minutos finais, O Val sentenciou cun gran disparo á escuadra.
Resultado xusto nunha mañá difícil, na que tamén tivemos a oportunidade de ver debutar novos xogadores que comezan a dar os seus primeiros pasos co primeiro equipo.
Seguimos!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (6-7-8) NOVEMBRO
PREBENJAMINES (1ª FASE - X04): Cultural Maniños - AD Miño (1)
BENJAMINES (1ª FASE - X04): Cultural Maniños - SDR Neda (X)
ALEVINES "A" (1ª FASE - X04): CD Estrella Solaina - Cultural Maniños (2)
ALEVINES "B" (1ª FASE - X04): Cultural Maniños - CD Narón "B" (2)
INFANTILES (1ª FASE - X06): CMI Club Campo 4 - Cultural Maniños 1
CADETES (1ª FASE - X05): Galicia Mugardos 2 - Cultural Maniños 0
XUVENILES (1ª FASE - X06): DESCANSAN
VETERANOS (X08): Ural Español CF Vuelta Xentes 0 - Cultural Maniños 6 (Javi Rico (2), David Montero, Kevin e Mato (2))
FILIAL - 3ª FUTGAL (COPA - X09): Cultural Maniños 2 (Marcos e Manu P.) - ADC Moeche 1
AFICIONADOS - PRIMEIRA GALICIA (X10): SD O Val 3 - Cultural Maniños 0
jueves, 5 de noviembre de 2026
DÍA MOI TRISTE PARA A FAMILIA BRANCA, FALECEU IGNACIO FONTÁN
Con profunda tristeza temos que comunicar que D. Ignacio Fontán Rivera "Fontán" faleceu no día de onte.
Fontán que defendeu as cores do Maniños tanto como xogador como adestrador durante moitos anos era unha referencia de grandes e inesquecibles momentos da historia do noso Club. Desde o punto de vista de humano unha gran persoa apreciada por todos os que o coñeceron.

Todo o noso apoio á súa muller, Pilar, ás súas fillas e ao resto da súa familia así como achegados e amigos.
Fontán, sempre será un dos nosos, botarémoste de menos.
DEP
Fontán, sempre será un dos nosos, botarémoste de menos.
DEP
Suscribirse a:
Entradas (Atom)