Nun vibrante encontro disputado entre o Carnoedo e o
Maniños, os locais levaron a vitoria cun contundente 6-3. O partido, maís
disputado do que reflicte o marcador final, foi un encontro cheo de alternancias
donde o que maís acerto tivo nos intres finais foi o que se levou o gato a
auga.
Dende o inicio, ambos equipos mostraron un alto nivel de
competitividade. O Carnoedo abriu o marcador cedo, pero o Maniños non quedou
atrás e mantivo o duelo axustado. Para o minuto 70, o marcador reflectía un
apretado 3-2 a favor do Carnoedo, pero as opcións para o Maniños eran reais.
Os goles do Maniños foron cortesía de Ramón, que anotou dúas
veces, e Javi Rico, que sumou outro tanto.Sen embargo, partir dese momento, o cansazo apoderouse do
encontro. O Carnoedo, aproveitou mellor o seu momento de inspiración e anotou
tres goles adicionais para selar o 6-3 definitivo.
A pesar da derrota, o Maniños deixou unha imaxe competitiva, con momentos de bo fútbol e determinación, o que pode servir de punto de partida para acada, dunha vez por todas, a desexada vitoria que cambie a cara dos brancos.