lunes, 10 de febrero de 2025

TABOAS DOS MODESTOS NUN GRAN PARTIDO ANTE O VICTORIA CF

Disputábase este domingo un dos mellores partidos que se poden presenciar na primeira Galicia coa visita no Pote dun dos favoritos da competición como é o Victoria CF, equipo descendido da Rexional Preferente con xogadores de contrastada valía e que leva desde o comezo da tempada nos postos de honra da táboa clasificatoria.

E así foi tras un bo comezo dos visitantes que tiveron varios achegamentos ben resoltos pola zaga e Marcos, o partido foise igualando e Pedro tivo a primeira gran ocasión local tras unha boa recuperación de Hugo no medio do campo resolta polo meta visitante e pouco máis por ambos bandos nunha primeira metade xogada a bo ritmo. con o coñecido (0-0) o partido chegou ao descanso.

Intre do gol de Hugo

Prácticamente na primeira xogada da segunda parte os visitantes adiántanse no marcador nunha xogada sen aparente perigo, un disparo desde fóra da área non é blocado por
Marcos, caendo o balón a un xogador herculino que en boca de gol adianta aos visitantes. Momentos de desconcerto branco que salva grazas á boa actuación do meta Marcos e a falta de acerto dos visitantes que non estiveron acertados na definición para chegar a gran ocasión branca con dobre poste na mesma xogada primeiro Pedro e posteriormente Hugo acabando finalmente no fondo das redes sendo anulado o gol por fóra de xogo. Pouco despois chegan as táboas ao aproveitar Hugo un balón ben pelexado na liña de fondo por Pedro. (1-1) e un partido aberto e con 20 minutos por diante. De aquí ao final primeiro Pedro e logo o debutante Raúl tiveron as súas opcións pero non foron quen de superar ao meta visitante mentres os visitantes máis pendentes de conservar o resultado tentaron aproveitar algún balón parado sen conseguilo. Con (1-1) finalizou o partido sendo un reflexo da igualdade de forzas polo que se pode considerar o resultado como xusto.

Empate que levanta ao Vitoria CF ao liderado deixando aos brancos a 4 puntos e co golaverage gañado ás "cebras". Queda moita liga así que é sempre importante sumar e facer bo o empate a próxima xornada ante outro equipo da Cidade da Coruña como é o CD Marte

Bo traballo Equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí