Vitoria moi importante dos modestos na súa visita a Caranza para enfrontarse ao Galicia nun partido inédito nos últimos anos nesta categoría ante un rival moi novo con moi bo trato de balón e que creceu co paso das xornadas como o demostra a boa serie de resultados dos seus últimos partidos.
![]() |
Miragaya nun intre do partido en Caranza (Foto: Flor Carrasco) |
O partido foi de dominio branco con control de balón e de xogo pero sen xerar grandes ocasións de gol máis aló dalgún lanzamento de lonxe especialmente por parte de Miragaya que o tentou ata en tres ocasións e a mellor finalizando a primeira parte cunha boa xogada de Hugo con pase atrás, rematando fora Julián nunha inmellorable posición. Pola súa banda poucas aproximacións á porta de Marcos que só fixo unha parada neste tempo, nun tiro raso que detivo sen máis apuros.
A segunda parte comezou cun Maniños máis incisivo buscando a portería rival e así Santi disparou por encima da portería local e unha xogada longa que o balón merodeó pola área pequena do Caranza pero a primeira gran oportunidade tivérona os locáis tras aproveitar un erro na saída de balón este chega a un xogador local en posición inmellorable e o seu disparo ao bordo da área atopa a resposta de Marcos primeiro e do poste despois. Practicamente na seguinte xogada seguinte corner a favor do Maniños, o balón sae fóra da área e aí Santi controla o balón e dispara ao fondo das redes. O máis difícil estaba feito, abrir o marcador. Sucedéronse achegamentos á área local, un bo disparo de Julián desde media distancia, un cabezazo de Gonza tras unha falta de Miragaya que rozou o poste. Finalmente unha recuperación de Álvaro no medio do campo levou o balón a Josiño que dun tiro cruzado puxo o definitivo (0-2) no marcador.
![]() |
Santi celebrando seu gol (Foto: Flor Carrasco) |
Tres puntos importantes que permiten aos brancos asentarse no bloque de arriba clasificatorio ademáis de volver á senda da vitoria tras dous tropezos onde por xogo merecésese moito máis do botín en forma de puntos sumados. O vindeiro domingo visita O Pote o Victoria CF, gran favorito para o ascenso de categoría. A motivación está asegurada. Partido ao grande.
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí