miércoles, 1 de julio de 2026
martes, 30 de junio de 2026
viernes, 19 de junio de 2026
DÍA DA FAMILIA BLANCA
O pasado venres 12 vivimos no Pote unha desas tardes que quedan gardadas na memoria. O xa mítico Día da Familia Blanca, xeracións compartindo céspede, risas, goles, piques sanos e moito sentimento blanco.
Grazas a todos os pais, nais, nenos e nenas que fixestes posible esta xornada tan especial. O resultado era o de menos... aínda que seguro que cada un conta unha versión diferente do marcador! Un día para recordar. Un club para sentir.
GO MANIÑOS
martes, 16 de junio de 2026
NON PUDO SER E O ASCENSO A 2ª FUTGAL VAISE PARA CANIDO
Ese tanto psicolóxico obrigou aos nosos a remar contracorrente na segunda metade. Co marcador en contra e coa presión propia dunha final, as pernas pesaron máis do habitual. O Canido mostrou máis soltura co balón, xerou máis perigo e acabou ampliando a vantaxe para sentenciar o encontro.
Toca recoñecer a superioridade do rival e felicitar ao SDR Canido polo ascenso a 2ª FUTGAL, logrado con todo merecemento.
Pola nosa parte, queda a tristeza do momento, pero tamén o orgullo dunha tempada na que este grupo levou o nome do Maniños ata a última batalla. Grazas aos xogadores, corpo técnico e directiva por facer posible este camiño.
Mención especial para a nosa afección, que unha vez máis estivo á altura do escudo. Desprazamento masivo para acompañar ao equipo nesta final tinguindo de branco as bancadas, creando un ambiente espectacular desde moito antes do asubío inicial ata o derradeiro minuto. O resultado non foi o desexado, pero o voso apoio foi unha auténtica demostración de sentimento, orgullo e compromiso cunha camiseta. Grazas por estar sempre aí. Este club tamén é voso.
Perdemos unha final, pero non a ilusión. Volveremos.
Älvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (12-13-14) XUÑO
FILIAL (Final - Playoff ascenso 2ª Futgal): SRD Canido 2 - Cultural Maniños 0
miércoles, 10 de junio de 2026
A GRAN FINAL
lunes, 8 de junio de 2026
O FILIAL NA FINAL DO PLAYOFF DE ASCENSO A 2ª FUTGAL
Hai días que quedan gravados para sempre na memoria dun club, e este é un deles.
Despois da derrota pola mínima na ida, os de Chiki sabían que tocaba remar contra corrente, e fixérono coa personalidade, a entrega e o corazón que caracterizan a este grupo.
Nun O Pote ateigado e empurrando dende o primeiro minuto, o equipo buscou o gol con fe, paciencia e convencemento. A recompensa chegou no segundo tempo cando Hugo Lorenzo abriu o marcador e fixo estoupar de ledicia a bancada.
E alí apareceu a fortaleza mental dun equipo que nunca deixa de crer. Un a un, os lanzamentos foron achegando ao Maniños ao seu obxectivo ata que o 4-3 definitivo desatou a tolemia. Mención especial para o xuvenil Rodrigo que salindo do banco foi decisivo na tanda de penaltis.
Abrazos, bágoas de felicidade, sorrisos e unha afección entregada celebrando xunto aos seus.
Agora só queda un paso... Un último esforzo. Un último partido. Un último reto.
Porque os soños están para perseguilos... e este equipo está máis vivo ca nunca.
E pobre do que queira quitarnos a ilusión.
A POR TODAS NA FINAL, RAPACES!
GO MANIÑOS
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (5-6-7) XUÑO
XUVENILES (2º FASE - X20): Cultural Maniños 0 - Meirás CF 3
FILIAL (Semifinal - Playoff ascenso 2ª Futgal - VUELTA): Cultural Maniños 1 - Xuventud Cabanas 0 (4-3 penaltis)
viernes, 5 de junio de 2026
martes, 2 de junio de 2026
DERROTA POLA MÍNIMA DO FILIAL NA IDA DO PLAYOFF DE ASCENSO A 2ª FUTGAL
DERROTA DO FEMININO NO ÚLTIMO PARTIDO NO POTE
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (29-30-31) MAIO
JUVENILES (2º FASE - X19): CD As Pontes "B" 1 - Cultural Maniños 2
FEMININO (X34): Cultural Maniños 2 (Cris e Lore) - Corme CF 3
FILIAL (Semifinal - Playoff ascenso 2ª Futgal - IDA): Xuventud Cabanas 1 - Cultural Maniños 0
viernes, 29 de mayo de 2026
XORNADAS DE CONVIVENCIA
martes, 26 de mayo de 2026
O EQUIPO VETERANO QUEDA ELIMINADO NO ÚLTIMO PARTIDO DA FASE DE GRUPOS
Unha mágoa despedirse da competición deste xeito, nun contexto marcado tamén por un resultado máis que estraño, co outro encontro entre CD Ciudad e o Mercurio, SD "B" resolto cun contundente (9-0), o que levou a eliminación tanto de Maniños como do outro contendente o Beat Street Betanzos.
ADIOUSE O PARTIDO DO FEMININO QUE CELEBRA A PERMANENCIA
GO MANIÑOS
lunes, 25 de mayo de 2026
UN DÍA TRISTE PARA O MANIÑOS, FALECERON DOUS GRANDES , ISMAEL ANTÓN E PIÑO AMADO
NON PUDO SER, A COPA MARCHA PARA SINDE
A partir dese momento, os do Pote intentaron dar un paso ao fronte, pero a pesar do esforzo e de competir ata o final, non conseguiron xerar o perigo suficiente sobre a portería rival.
Toca seguir traballando e aprender desta experiencia para volver máis fortes.
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (22-23-24) MAIO
INFANTILES (2º FASE - X18): Cultural Maniños 4 - EF Irmandiños 4
VETERANOS (COPA - X04): Cultural Maniños 4 (Pazos (2), Raúl e Pedreiras) - SB Betanzos 6
FEMININO (X33): SD San Lázaro - Cultural Maniños (Adiado por razones climatolóxicas adversas)
AFICIONADOS - FINAL XXV COPA FERROL: Cultural Maniños 0 - SD O Val 2
viernes, 22 de mayo de 2026
A GRAN PREVIA DA FINAL DE COPA
DÉCIMA FINAL PARA OS BRANCOS NA COPA DE FERROLTERRA
martes, 19 de mayo de 2026
lunes, 18 de mayo de 2026
CARA E CRUZ DOS EQUIPOS SENIOR
C.M. Feminino 0 - 3 U.C. Cee
As nosas pelexaron ata o final nun encontro esixente, demostrando compromiso e entrega en todo momento.
Quedan dúas xornadas e toca seguir loitando ata o final.
Pese á derrota, bo traballo das nosas.
Filial - Tercera Futgal
S.D. Libunca 0 - 1 C.M. Filial
Un gol de Gianni permitiu sumar tres puntos moi importantes e consolidar o cuarto posto na táboa, que dá dereito a disputar a volta do playoff de ascenso no Pote fronte ao Xuventud Cabanas.
Parabéns equipo!
GO MANIÑOS
VICTORIA CUN FESTIVAL DE GOLES NA DERRADEIRA XORNADA DA PREFERENTE FUTGAL
Bo sabor de boca para despedir a tempada diante da nosa xente.
GO MANIÑOS
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (15-16-17) MAIO
INFANTILES (2º FASE - X17): CD Cariño 9 - Cultural Maniños 1
CADETES (FASE ASCENSO - X10): SD Libunca 0 - Cultural Maniños 4
XUVENILES (2º FASE - X19): Cultural Maniños 2 - SCRD Narón Freixo "B" 4
VETERANOS (COPA - X04): DESCANSAN
FEMININO (X32): Cultural Maniños 0 - Unión Club Cee 3
FILIAL - 3ª FUTGAL (X18): SD Libunca 0 - Cultural Maniños 1 (Gianni)
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X34): Cultural Maniños 7 (Jaime, Brais (2), Julián (3) e Hugo) - SD Sofán 5
miércoles, 13 de mayo de 2026
SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA - TEMPADA 2024/25
martes, 12 de mayo de 2026
lunes, 11 de mayo de 2026
FINDE SEN BRILLO PARA O RESTO DE EQUIPOS SENIORS DO CLUB
Eiris S.D. 2 - 0 Cultural Maniños
O feminino regresou sen premio do seu desprazamento tras caer nun partido moi igualado e disputado ata o final . Un gol na parte final do primeiro tempo foi demasiado castigo para as nosas.
O equipo loitou na segunda parte na busca do empate, pero outro gol nas postrimerías acabou coa resistencia das brancas .
Na segunda metade, co 1-0 no marcador, as brancas chegaron a anotar o que sería o gol do empate, pero foi anulado polo colexiado nunha acción chea de dúbidas e que, a día de hoxe, segue sen explicación clara.
As nosas volveron demostrar compromiso e traballo colectivo, competindo en todo momento pese ao resultado adverso.
Un encontro que deixa boas sensacións no esforzo e na actitude do equipo
Tercera División - Veteranos
C.D. Ciudad 1 - 1 Cultural Maniños
Empate de mérito dos veteranos do Cultural Maniños no campo do Ciudad nun duelo intenso e moi competido. Os locais puxéronse por diante cun penalti, canto menos rigoroso, pero os de O Pote souberon repoñerse e buscaron o empate por momentos con máis corazón ca cabeza.
A expulsión dun xogador branco complicou aínda máis o encontro, mais o Maniños foi quen de seguir dominando moitas fases do partido e non sufrir en demasía. Mato puxo o empate cun gran lanzamento de falta e os nosos incluso tiveron ocasións para completar a remontada, aínda que tamén tocou sufrir a balón parado.
Un punto que reforza a moral antes do decisivo encontro fronte ao Betanzos, no que podería decidirse o pase ás semifinais.
DERROTA NUN INTRASCENDENTE PARTIDO EN LALÍN
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (8-9-10) MAIO
INFANTILES (2º FASE - X16): Cultural Maniños 1 - CCRD Perlío 5
CADETES (FASE ASCENSO - X09): Cultural Maniños 0 - Meirás CF 0
XUVENILES (2º FASE - X18): SCRD Ánimas "B" 0 - Cultural Maniños 5
VETERANOS (COPA - X03): CD Ciudad 1 - Cultural Maniños 1 (Mato)
FEMININO (X31): Eirís, SD 2 - Cultural Maniños 0
FILIAL - 3ª FUTGAL (X17): DESCANSA
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X33): CD Lalín 5 - Cultural Maniños 0
viernes, 8 de mayo de 2026
A NOSA INFANTIL CARMEN CONVOCADA NOVAMENTE NA SELECCIÓN SUB 14
miércoles, 6 de mayo de 2026
martes, 5 de mayo de 2026
CONCEDIDA UNHA XORNADA DE CONVINECIA AO POTE
O Campo do Pote será sede dunha xornada de convivencia a celebrar entre os días 28/30/31 de maio. En concreto se xogará en Maniños a Benxamín que englobará ao Grupo do Título máis o Grupo Consolación.
Serán 16 equipos los que visitarán O Pote nesas datas lo que fará desas datas unhas xornadas de gran alegría e deporte no pobo de Maniños.
Grazas a RFGF encabezada polo seu Delegado en Ferrol a súa confianza no noso Club e instalaciones.
XA TEMOS SEDE PARA A FINAL DA XXV COPA DE FERROLTERRA
Si xa tiñamos data para a final de copa (23/5/26) desde esta mañá temos sede da mesma e será un estadio histórico da bisbarra como é o Campo da Pedreira, casa do Galicia de Mugardos.
Sen dúbida un magnífico escenario para unha final que enfrentará a dos históricos como son a SD O Val de Narón e ao Cultural Maniños, SD.
GO MANIÑOS
HOXE XOGÁSE O DERRADEIRO PARTIDO DA XORNADA PASADA
Tras acordo entre Clubs o partido do Grupo 4 de Consolación de benxamines a disputar entre o Cultural Maniños, SD e o CD Estrella A Solaina "B" xogarase no día de hoxe a partir das 18:15 H no Pote.
De este xeito queda finiquitada esta longa xornada na que o partido de Cadetes foi adiado para o próximo fin de semana.
GO MANIÑOS
DOS CARAS E UNA INXUSTA E POLÉMICA CRUZ DOS SENIORS DO CLUB
Cultural Maniños 4 - 2 S.D.C. Órdenes
O Feminino afrontaba un encontro decisivo pola permanencia… e respondeu como había que facelo Dende o inicio, o equipo foi claramente superior, dominando o ritmo do partido e xerando ocasións con continuidade.
Co paso dos minutos, esa superioridade transformouse en goles, abrindo unha vantaxe que facía xustiza ao visto no campo. Aínda que o rival conseguiu achegarse no marcador na recta final, o Maniños soubo sufrir e manter a calma para pechar un triunfo fundamental.
Partido serio, completo e cun equipo que deu un paso adiante cando máis o necesitaba.
Tres puntos de ouro para seguir loitando!
Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí
Terceira Futgal – Filial
Cultural Maniños B 1 - 2 S.D.C. Narón O Freixo
O filial disputou un encontro moi competido, no que ningún dos dous equipos logrou imporse con claridade. O Maniños B fixo un partido serio, ordenado e con boas fases de xogo, competindo de ti a ti durante os 90 minutos.
O empate parecía o resultado máis xusto… pero no tempo engadido chegou o golpe definitivo. No minuto 97, tras anunciarse 5 de desconto, o rival anotou o 1-2 nunha xogada moi protestada por posible fóra de xogo, con varios xogadores implicados na acción.
Sen entrar en polémicas excesivas, queremos expresar o noso malestar coa decisión arbitral nun momento tan determinante do partido. Un desenlace que deixa unha sensación amarga para un equipo que, como mínimo, fixera méritos para sumar.
Toca levantarse e seguir.
Seguimos, máis unidos ca nunca
Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí
Terceira Futgal – Veteranos
Cultural Maniños 3 - 2 A.D.C. Aranga
Non entanto, entre a falta de acerto e algún punto de mala sorte, o equipo non foi quen de reflectir esa superioridade no resultado antes do descanso e tan só marchaba cun 1 a 0 perigoso ao descanso, con gol de Javi Pazos.
E xa se sabe… cando se perdoa, toca sufrir. Nunha xogada illada, o Aranga conseguiu igualar o partido nos primeiros compases da segunda parte, o que provocou que o equipo perdese algo de control e non amosara o seu mellor fútbol durante a segunda parte.
A pesar diso, apareceu Javi Rico cun dobrete que puxo terra de por medio no marcador para colocar o 3-1 que parecía definitivo.
O encontro aínda gardaba emoción… Nunha acción moi dubidosa por posible fóra de xogo, o Aranga recortou distancias co 3-2, levando a incerteza ata o final.
Finalmente, os tres puntos quedaron na casa, aínda que cunha sensación algo agridoce: o equipo foi superior, pero deixou escapar a oportunidade de pechar o partido moito antes.
O equipo segue con pé firme na competición cun 6 de 6.
Seguimos!!!
DURA DERROTA DOS MODESTOS ANTE O POTENTE SD NEGREIRA
O equipo local mostrou boa intención con balón, pero faltou acerto nos últimos metros para transformar as chegadas en ocasións claras. Pola contra, o Negreira soubo xogar moi ben as transicións ofensivas, aproveitando os espazos que foron deixando os locais e sendo moi efectivo.
Co paso dos minutos e co resultado en contra, o Maniños foise desordenando, e xa no tramo final chegaron varios goles consecutivos que acabaron por ampliar demasiado a diferenza.
Un resultado duro, pero enganoso polo visto no campo: o equipo competiu durante moitas fases e mostrou actitude. Toca seguir traballando e pensar no seguinte partido.
GO MANIÑOS
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (1-2-3) MAIO
PREBENXAMÍN (2º FASE - X14): CMI Club Campo "C" - Cultural Maniños (2)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X14): Cultural Maniños - Estrella A Solaina "B" (1)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X14): Cedeira, SD - Cultural Maniños (2)
ALEVINES (2º FASE - X14): Cultural Maniños - Eume "B" (1)
INFANTILES (2º FASE - X15): Numancia, SDR 4 - Cultural Maniños 4
CADETES (FASE ASCENSO - X09): Aplazouse a xornada para o finde (8-9-10)
XUVENILES (2º FASE - X17): Cultural Maniños 4 - FC Ortigueira 3
VETERANOS (COPA - X02): Cultural Maniños 3 (Javi Rico (3)) - ADC Aranga 3
FEMININO (X30): Cultural Maniños 4 (Gorgullo (2), Lore e Andrea) - SDC Órdenes 2
FILIAL - 3ª FUTGAL (X16): Cultural Maniños 1 (Gabri) - Narón Freixo 2
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X32): Cultural Maniños 0 - SD Negreira 6
domingo, 3 de mayo de 2026
miércoles, 29 de abril de 2026
martes, 28 de abril de 2026
HOXE COMENZA A XORNADA DO FIN DE SEMANA
Case todolos clubs están buscando liberar o fin de semana de partidos para facer a ponte do 1 de maio máis levadeira. Por eso o Maniños hoxe despóis de chegar a un acordo co Eume adiantou a derradeira xornada do seu grupo.
O partido a disputar hoxe martes 28 no Pote e o seguinte:
ALEVINES
Cultural Maniños - Eume "B"
Martes 28, 18:15 H
O Pote
GO MANIÑOS
lunes, 27 de abril de 2026
PARABÉNS AOS CADETE POLO SEU ASCENSO
BOA XORNADA DOS SENIORS DO CLUB
Brexo Lema S.D. 4 - 0 Cultural Maniños
Non tiveron sorte as nosas no seu desplazamento, e caeron no campo do Brexo Lema S.D. por un marcador de (4-0). A efectividade local foi clave e as nosas non puideron materializar as súas opcións.
Toca seguir traballando coa cabeza alta, que isto non para!
Queremos mandar moita forza e desexar unha pronta recuperación a Cloe, que tras sufrir un golpe nun encontronazo tivo que recibir puntos de sutura. Por sorte quedou nun susto e esperamos vela pronto de volta no campo. Ánimo Cloe!
Terceira Futgal – Filial
S.D.R. Canido 1 - 3 Cultural Maniños
Xornada de moita ledicia para noso Filial. O equipo asegurou matematicamente a súa presenza na fase de ascenso tras vencer a domicilio á S.D.R. Canido (1-3).
O encontro púxose de cara moi cedo grazas ao olfacto goleador de Marcos, que asinou un dobrete na primeira media hora (3' e 30'). Aínda que o Canido recortou distancias no 74', o Maniños non se puxo nervioso e sentenciou no desconto cun gol de Gianni (92').
Parabéns a todo o grupo por este obxectivo cumprido!
Terceira Futgal – Veteranos
Merurio S.D. 0 – 3 Cultural Maniños
Comezo inmellorable para os Veteranos na Copa Delegación. O Maniños pasou por riba dun dos "galos" da liga, o Mercurio S.D., cunha vitoria contundente por (0-3).
Os blancos, moi serios, foron superiores durante todo o encontro e deron un golpe encima da mesa.
Victoria clara e portería a cero ante o "pichichi" da liga.
O nome propio do partido foi Javi Rico, que foi quen de asinar un hat-trick.
Con este resultado o Cultural amosou que o equipo non esta de paso nesta competición e que quere ser protagonista.
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
GO MANIÑOS
DESFEITA SEN PRECEDENTES DOS MODESTOS NO GARCÍA HERMANOS
Unha desfeita...
Dura derrota do Maniños nun encontro que se torceu dende o primeiro minuto. O Betanzos saíu moi enchufado e aproveitou cada erro dos visitantes para abrir unha fenda no marcador xa nos compases iniciais. A eficacia local e a dificultade do Maniños para asentarse no partido marcaron claramente o desenvolvemento da primeira metade.
Faltou intensidade e o Cultural Maniños nunca estivo no partido, superado en moitas fases do xogo e sen capacidade de reacción. Os goles foron caendo case sen resposta, cun rival moi inspirado en ataque e un Maniños que, malia intentalo, non foi quen de frear o vendaval ofensivo. Co paso dos minutos, o encontro fíxose costa arriba, chegando ao descanso cun marcador moi adverso.
GO MANIÑOS
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (24-25-26) ABRIL
PREBENXAMÍN (2º FASE - X13): Cultural Maniños - CD Cariño (1)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X13): FC Ortigueira - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X13): Cultural Maniños - SD Portuarios (X)
ALEVINES (2º FASE - X13): Galicia Mugardos "B" - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (2º FASE - X14): Cultural Maniños 1 - Cedeira, SD 8
CADETES (FASE ASCENSO - X08): Cultural Maniños 5 - EF Irmandiños 3
XUVENILES (2º FASE - X16): Galicia Mugardos "B" 2 - Cultural Maniños 2
VETERANOS (COPA - X01): SD Mercurio "B" 0 - Cultural Maniños 3 (Javi Rico (3))
FEMININO (X29): Brexo Lema, SD 4 - Cultural Maniños 0
FILIAL - 3ª FUTGAL (X15): SDR Canido 1 - Cultural Maniños 3 (Marcos (2) e Gianni)
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X31): Betanzos CF 9 - Cultural Maniños 1 (Álvaro)
miércoles, 22 de abril de 2026
PARABÉNS AO CD LALÍN, CAMPIÓN DE PREFERENTE 2025/26
RECOÑECEMENTO AO NOSO FEMININO
lunes, 20 de abril de 2026
PLENO DE VICTORIAS NA XORNADA SENIOR
Saíron moi enchufadas as locais, conscientes do que había en xogo, e non tardou en chegar o premio co tanto de Lara Míguez (10’). Un gol que marcou o rumbo dun encontro moi disputado.

















































