miércoles, 1 de octubre de 2025

PUNTIÑO VALIOSO NA SALIDA A DUBRA

Empate nun campo sempre difícil, xogouse un encontro de forza e resistencia.  As defensas impuxéronse, as ocasións chegaron a conta gotas, e cada balón disputouse como se fose o último.  
O Maniños respondeu con oficio, carácter e solidariedade, traballando xuntos, ata o derradeiro minuto. Poucas ocasións, unha por equipo, na primeira parte Brais tivo a máis clara e nos derradeiros minutos Marcos respondeu perfectamente a un testarazo local.  

Non houbo goles, pero houbo orgullo e constancia.  

Un punto máis no camiño, un paso máis que nos mantén firmes  e coa ilusión intacta!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.futgal.es, preme aquí