martes, 7 de octubre de 2025

O MELLOR DO FINDE, VICTORIA DOS VETERANOS EN ANIDO

Por fin chegou a tan agardada vitoria dos veteranos do Maniños.

Nun campo de area onde o balón pesa o dobre e o fútbol deixa paso á loita, o equipo branco soubo sufrir, competir e gañar cun orgullo digno da súa camiseta.

O encontro comezou con forza e moi pronto chegaría o primeiro golpe: boa combinación no medio campo que Javi Rico culminaría cunha vaselina precisa para poñer o 0-1 e adiantar aos nosos. O Maniños mantivo o tipo e chegou ao descanso por diante, con oficio e moita solidariedade.

Nada máis comezar a segunda metade, o Hércules atopou o empate nun balón longo que pillou os do Pote descolocados. Lonxe de virse abaixo, os veteranos responderon con carácter, apretando os dentes e resistindo cada embite do rival.

Cando o tempo xa se esgotaba e o empate parecía inamovible, Kevin sacou un zapatazo dende fóra da área que entrou directo á escuadra, selando unha vitoria sufrida e merecida.

Triunfo de corazón, de orgullo e de fe. Un resultado que reforza as cabezas e recorda que cando este grupo cre, é capaz de todo.

Dende aquí desexar sorte o Hércules, SD na tempada!!!

GO MANIÑOS
 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí