Campo complicado, boas sensacións.
O encontro comezou co Pol dominando os primeiros minutos, imprimindo ritmo e xerando as primeiras ocasións de perigo. Pouco a pouco, o Maniños foi asentándose no partido, gañando presenza e controlando mellor o balón.
Nos minutos finais da primeira metade, o xogo equilibróuse completamente, con ambos equipos buscando o gol pero sen acerto de cara á portería.Tralo descanso, mantívose a mesma tónica: partido moi igualado e con intensidade en cada duelo.
O Maniños atopou espazos ao contragolpe e dispuxo de dúas ou tres ocasións moi claras que puideron romper o empate, pero faltou sorte nos metros finais.
A solidez defensiva e o traballo colectivo permitiron sumar un punto valioso nun campo difícil e seguir sumando boas sensacións.
Bo traballo, boa imaxe e a seguir mirando cara adiante.
Cada punto conta, cada partido suma.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí