O partido comezou cun Paiosaco que buscou ser protagonista, xerando as primeiras ocasións. O Maniños tratou de asentarse no partido, pero os verdes impuxéronse nos primeiros minutos.
Sen embargo, foron os do Pote os que atoparon porteria no minuto 23. Froito dunha gran combinación local, Santi marcou un golazo dende a frontal no minuto 23, poñendo o 1 a 0 no marcador (1-0).
Atopouse mellor o equipo que, a través das sensacións que aportou o gol, tomou as rendas do xogo. O Paiosaco non se rendeu e, a pesar de pasar polos peores momentos do primeiro tempo, foi quen de empatar cun disparo dende a frontal no minuto 32, unha magoa (1-1). Veuse arriba o Paiosaco, que dispuxo dalgunha ocasión máis, pero un Mateo imperial levantou o muro blanco, permitindo chegar ao descanso co empate no electrónico.
A segunda metade foi un exercicio de loita e sacrificio. Ambos equipos batallaron cada balón e apenas houbo ocasións claras. Cando o partido parecía camiñar cara ao empate, un gol visitante no minuto 60 puxo o 1-2 definitivo nunha xogada desafortunada para os do Pote.
Non puido ser, pero a loita e a entrega foron innegables.
Toca traballar duro para a próxima cita.
A ilusión e a fe neste equipo son inquebrantables.GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adri Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
