lunes, 17 de abril de 2023

TRIUNFO INAPELABLE DAS NOSAS NO DERBI FENÉS

Vitoria clara e contundente do noso feminino na súa visita a Os Pinares no derbi fenés nun partido que xa estaba decidido ao termo dos primeiros 45 minutos de partido. 

O Maniños fixo unha gran primeira parte non dando opcións ás locais aínda que estas foron capaces de igualar a contenda despois de que as brancas adiantáronse en dúas ocasións por medio de Cris e Pau. As locais nunha arrancada poñer as táboas no marcador para a continuación Mishelle poñer o (2-3). Antes do descanso Sheila e Mishelle puxeron dous tantos máis. O partido foise ao descanso cun claro (2-5) cun gran xogo branco especialmente cunha gran saída de balón que permitiu ao Maniños dominar o partido e o control do balón. 

A segunda parte na que case non partiu cun equipo local moi decimado polos problemas físicos que estaba a sufrir. O Maniños fixo o seu partido anotando un gol máis por medio de Lore e errando un penalti. Non facía falta máis. O derbi viña para O Pote.

Tres puntos que permite ás de Juanjo afianzar ao equipo nunha meritoria 6ª posición na súa primeira experiencia no fútbol 11. 

30 puntos para afrontar as 4 últimas xornadas de liga. Gran traballo de tod@s!!!

Seguimos igual!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí