lunes, 3 de abril de 2023

TRABALLADA VICTORIA DO FILIAL ANTE O ADC MOECHE

Vitoria apertada do filial que vendeu cara a súa derrota e que loitou ata o último segundo dun partido marcado pola forte calor reinante e a escaseza de efectivos por ambas as partes, dous cambios en cada equipo aínda que nos brancos finalmente só un pola ausencia a última hora de Cavezza.

Intre do partido 

O partido sempre dentro da igualdade tivo ademais das oportunidades que subiron ao marcador varias opcións moi claras por ambos os bandos e ben o fallo na definición ou os porteiros impediron que o resultados e alterase especialmente na segunda metade. Adiantouse o filial cun gran gol de
Cristofer que lle meteu o corpo ao defensa que o marcaba e dunha sutil vaselina botoulle o balón ao porteiro por arriba. Empataron os visitantes ao aproveitar Alexandre o rexeite de Arnoso tras un gran lanzamento de falta. E antes de finalizar a primeira parte un erro do meta visitante ao querer despexar de puños un balón, este golpeou na cabeza de Jaime que como quen di "pasaba por alí"


Na segunda parte e a medida que o partido ía avanzando en tempo, se descontroló e houbo momento que reinou o caos e ningún dos dous foi quen de alterar o resultado con innumerables ocasións destacando unha impresionante atallada de Arnoso nun remate de socato. Porterazo!!!.


Tres puntos importantes para seguir na pelexa ante un gran rival. O próximo partido requirirá de todos os sentidos porque se visita ao líder do grupo, o
Eume "B". Pero iso será outra historia...

Noraboa equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Michel Rodríguez en www.radiofusion.eu, preme aquí