Mala primeira parte onde os locais sacaron unha clara vantaxe lléndose ao descanso cun claro (2-0) e coa sensación de que os brancos non estaban ben, non eran capaces de dar dous pases seguidos e con malas sensacións que cambiaron na segunda parte cun mellor xogo e empezando a xerar ocasións de gol que o debutante Pedro materializou en dúas ocasións. Nesta situación e no que os brancos parecía que ían levar algo positivo, mesmo sumar os tres puntos chegou a xogada clave que decidiu a favor dos locais a contenda.
Agora toca levantarse e seguir pelexando porque hai unha segunda volta completa para seguir crecendo e disputando cada partido coma se fose unha final. O próximo partido será clave co desprazamento a Os Calzados para enfrontarse ao ADC A Capela. Como di o Cholo, "partido a partido"...
A erguirse e seguir na pelexa !!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Michel Rodríguez en www.radiofusion,eu, preme aquí