lunes, 24 de abril de 2023

O FEMININO DERROTA AO DISCALZAS EN UN GRAN PARTIDO

Gran partido o disputado na tarde do sábado ante unha gran presenza de público no campo entre dous equipos que manteñen unha excelente relación como son o Maniños e o Discalzas. Neste partido púidose percibir a gran melloría dos equipos de Ferrolterra no fútbol 11 non esquecendo de onde vén porque non podemos nin debemos esquecer que fai un curso ambos equipos competían na liga de fútbol 7 e iniciaron a súa andaina polo fútbol 11 cos medos típicos de ¿adaptarémonos?...hoxe en día ambos os equipos xunto ao outro novato, Galicia de Caranza son unha auténtica realidade. 

Lore a "Pichichi" do equipo, anotou o segundo gol
(Foto: @Bisbarraenxogo)

O partido moi competido desde o principio con iniciativa branca e máis control do balón, despóis de varias ocasións, Pau aproveitou un balón parado para adiantarse á defensa visitante e adiantar ás brancas no marcador. Cun control branco do partido pero sen aproveitar ningún máis dos seus achegamentos o partido chegou ao descanso co coñecido (1-0). 

Pau abreu o marcador na primera metade
(Foto: @Bisbarraenxogo)

A segunda parte seguiu coa iniciativa branca e en dous zarpazos conseguiu sentenciar o partido, primeiro
Lore na súa cita semanal co gol (firma 22) e posteriormente Mishelle finalizando unha gran xogada combinativa das brancas. O (3-0) deixou o partido visto para sentenza, deixándose pasar o tempo e realizando os pertinentes cambios. María faltando 5 minutos anotou o tanto da honra visitante deixando o resultado no coñecido (3-1) que reflicte o sucedido no terreo de xogo.

Por tanto vitoria xusta das brancas ante un gran rival que está a realizar un gran labor tanto o seu plantilla como o seu técnico Fran Bellas. Desexarlle toda a sorte ás cedeirenses no que queda de tempada. Por parte do Maniños a tentar continuar con esta boa dinámica e que mellor que xogando contra o Caranza a domicilio no que será para as brancas o seu último derbi local liga.

Gran traballo EQUIPO!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí