lunes, 17 de abril de 2023

AMARGO EMPATE DO FILIAL NA CAPELA

Cruel empate do filial cando xa se estaba fregando as mans pensando que xa levaba os tres puntos en xogo pero que lamentablemente para os intereses brancos non puido ser así xa que na que foi última xogada do partido unha "faltita" moi discutida ao bordo da área visitante foi executada por un xogador verdibranco e o lanzamento despois de golpear o traveseiro nun par de ocasións, non se pode asegurar que o balón traspasou a liña de gol...cuestión de fe...o caso é que a vitoria estivo moi preto e escapouse entre as xemas dos dedos...

Aitor anotou o tanto do filial
(Foto: Uxía Calvo)

Os rapaces de
Michel queixáronse de certas decisións arbitrais especialmente un gol anulado e a falta que ocasionou o gol aínda que asumen o acerto do Colexiado no penalti con que foron castigados que foi detido por un Arnoso espectacular. No cómputo xeral do partido e polas ocasións o empate puido ser xusto pero non fose ningunha inxustiza a vitoria fenesa. O gol branco foi obra de Aitor ao recibir un excelente pase de Cristofer

Carlos Arnoso un porteiro de outra categoría
(Foto: Uxía Calvo)

Isto segue, estase segundo cun punto de vantaxe sobre o
ADC Moeche e agora cun importante partido ante o CF Estrella onde se necesitará sumar os tres puntos para facer bo o empate en Vos Calzados.

Desexarlle toda a sorte ao ADC A Capela no que resta de tempada agredeciéndole o seu bo trato.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Michel Rodríguez en www.radiofusion.eu, preme aquí