lunes, 30 de marzo de 2026

FIN DE SEMÁN DE CONTRASTES ONDE SÓ VENCEU O FILIAL

Unha fin de semana de contrastes para o Maniños. Mentres o filial logrou unha vitoria de infarto nun festival de goles en O Pote, o equipo feminino e os veteranos non puideron sumar nos seus respectivos encontros.


Segunda División – Feminino – X26

Cultural Maniños 0 - 2 Bergantiños C.F. "B"


Non puido ser para as guerreiras do Maniños. O Bergantiños mostrouse moi serio e efectivo de cara á porta, levando os puntos de O Pote grazas á gran actuación individual de Julia Varela, autora dos dous goles do encontro (5’ e 39’) que deixaron o partido moi costa arriba antes do descanso.

Malia o esforzo na segunda metade
, o marcador xa non se moveu.

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.galpreme aquí


Terceira Futgal – Filial – X12

Cultural Maniños 3 - 2 C.D. Estrella Solaina


O equipo filial protagonizou o partido máis vibrante da fin de semana. Nun duelo de constantes alternativas, os locais souberon sufrir e golpear nos momentos clave para amarrar os tres puntos.

O Estrella Solaina vendeu cara a súa derrota e mantivo a emoción ata o pitido final. 

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.galpreme aquí


Terceira Futgal – Veteranos

S.C.D. Pastoriza 2 – 1 Cultural Maniños


Nun partido moi igualado que apuntaba claramente á empate, o Maniños volveu de baleiro tras un treito final frenético no que a sorte non estivo do seu lado .

O Pastoriza adiantouse con dous goles desafortunados, pero os brancos non baixaron os brazos nunca.Javier Pazos recortou distancias no 91', pero xa non quedaba tempo para acadar unha igualada merecida.

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí


Toca seguir traballando!

“E pobre do que queira quitarnos a ilusión”

 GO MANIÑOS

NA MAROSA CHEGOU A PRIMEIRA VICTORIA A DOMICILIO

Por fin chegou a ansiada vitoria para o Cultural Maniños. Despóis de semanas de traballo, insistencia e fe no camiño marcado, o esforzo do equipo branco acabou tendo recompensa nun campo sempre complicado como o da S.D. Burela.


O encontro foi igualado durante moitos minutos, con dous equipos ben colocados e poucas concesións defensivas. O Maniños amosouse serio, paciente e comprometido co plan de partido, sabendo que a constancia acabaría inclinando a balanza. 

Co paso dos minutos, o traballo colectivo dos brancos foi facendo dano e, xa no tramo final, chegaría o premio. No minuto 82, Gonza rompeu o equilibrio de penalti e desatou a alegría do equipo.  Co rival tentando reaccionar, o Maniños sentenciou no 87, cando Christian puxo o 0-2 definitivo no marcador. 

Un triunfo moi traballado que confirma que o equipo segue crendo no seu fútbol e que o esforzo e a perseveranza acaban tendo recompensa. Desta vez, a balanza caeu do lado dos brancos, que regresan cunha vitoria tan merecida como necesaria. 

Agora toca seguir!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (27-28-29) MARZO

PREBENXAMÍN (2º FASE - X10): SRD Canido - Cultural Maniños (2)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X10): Cultural Maniños - Galicia Caranza "C" (2)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X10): Numancia - Cultural Maniños (2)
ALEVINES (2º FASE - X10): CD Cariño - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (2º FASE - X11): Cultural Maniños 1 - AD Miño 2
CADETES (FASE ASCENSO - X05): Cultural Maniños 4 - SD Libunca 0
XUVENILES (2º FASE - X12): Cultural Maniños 3 - CD Narón "A" 1
VETERANOS (X21): SCD Pastoriza 2 - Cultural Maniños 1 (Javi Pazos)
FEMININO (X27): Cultural Maniños 0 - Bergantiños CF "B" 2
FILIAL - 3ª FUTGAL (X12): Cultural Maniños 3 (Isma e Pablo Pérez (2))
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X28): SD Burela 0 - Cultural Maniños 2 (Gonza e Chris)

martes, 24 de marzo de 2026

HOXE MARTES, XÓGASE O PARTIDO ALEVÍN ADIADO DO FIN DE SEMÁN

Hoxe xógase o partido adiado do fin de semán en categoría alevín entre os equipos do Cultural Maniños e o SD Portuarios "B"

 A hora fixada é as 18:15 H no Pote.

GO MANIÑOS

lunes, 23 de marzo de 2026

SEGUEN SEN CHEGAR OS RESULTADOS NO RESTO DE EQUIPOS SENIOR

Segunda División – Feminino

S.D. Tordoia 8 - 1 Cultural Maniños


Luitar ata o final. O equipo feminino afrontaba unha nova xornada condicionado pola escaseza de efectivos, o que obrigou a un esforzo físico titánico. As mozas deron a cara e loitaron mentres as forzas aguantaron, pero a superioridade numérica e o desgaste acabaron pesando no tramo final. O gol de Lara Gorgullo no minuto 12 mantivo a esperanza, pero non foi suficiente ante un rival moi efectivo.

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.galpreme aquí

Terceira Futgal – Filial

A.D.C. Moeche 4 - 4 Cultural Maniños 


Dous puntos que escaparon no último suspiro.

O filial protagonizou un partido vibrante que deixou un sabor agridoce. Tras unha gran actuación colectiva que os puxo claramente por diante no marcador, o equipo pecou de relaxación nos minutos finais. O Moeche aproveitou ese exceso de confianza para recortar distancias e empatar o encontro no 71', deixando escapar dous puntos que xa parecían asegurados.

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.galpreme aquí

E pobre do que queira quitarnos a ilusión!!!

GO MANIÑOS

DERROTA POLA MÍNIMA DOS MODESTOS ANTE O CF DUMBRÍA

Partido moi igualado no Pote, con poucas ocasións e pouca claridade en ataque por parte de ambos equipos. O encontro xa apuntaba a un empate sen goles, nun choque marcado polo ritmo lento e a falta de ideas.


A dinámica e o feito de xogarse entre semana notouse, cun Maniños que intentaba pero sen atopar fluidez nos últimos metros. Aínda así, os brancos tiveron opcións para, polo menos, rascar un punto.

Pero o fútbol ás veces é cruel…  No minuto 38, un gol de Javier Souto decantou o partido para o Dumbría, nunha das poucas accións decisivas do encontro.

Na segunda metade, o Maniños empurrou con máis corazón ca claridade, pero non foi quen de atopar o gol do empate.

Derrota pola mínima nun partido no que o máis xusto seguramente sería o reparto de puntos.

Seguimos, máis unidos ca nunca!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (20-21-22) MARZO

PREBENXAMÍN (2º FASE - X09): CD As Pontes "B" - Cultural Maniños (2)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X09): Cultural Maniños - CCRD Perlío (2)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X09): CMI Club Campo "D" - Cultural Maniños (1)
ALEVINES (2º FASE - X09): Cultural Maniños - SD Portuarios "B" (1)
INFANTILES (2º FASE - X10): Meirás CF 2 - Cultural Maniños 3
CADETES (FASE ASCENSO - X04): Meirás CF 3 - Cultural Maniños 0
XUVENILES (2º FASE - X11): SDR Neda 4 - Cultural Maniños 2
VETERANOS (X--): NON HOUBO XORNADA
FEMININO (X26): SD Tordoia 8 - Cultural Maniños 1 (Lara Gorgullo)
FILIAL - 3ª FUTGAL (X11): ADC Moeche 4 - Cultural Maniños 4 (Gabi, Pablo Pérez e Gianni (2))
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X27): Cultural Maniños 0 - CF Dumbría 1 

jueves, 19 de marzo de 2026

ESTAMOS NAS SEMIFINAIS DE COPA


Un golazo de Adri "Lindi" deu o paso a seguinte ronda copeira aos brancos tras superar ao Perlio nun apaixoante derbi fenés. 


Parabéns ao equipo e corpo técnico nunha tempada moi difícil. 

Hoxe toca disfrutalo!!! 

GO MANIÑOS

Crónica en www.radiofusion.gal, preme aquí

FELIZ DIA DO PAI

lunes, 16 de marzo de 2026

HOMENAXE AO XUVENIL SAMU NA PREVIA DO PARTIDO DO SEU EQUIPO

Na previa do partido de xuvenis disputado o sábado no Pote ante o Cedeira, os xogadores, Corpo Técnico e todo o club en xeral fixeron un pequeno pero sentido homenaxe a seu compañeiro e amigo Samu Perille recentemente operado dunha lesión no xeonllo. 
E ademáis dun pequeno agasallo que mellor que brindarlle a victoria e os tres puntos ao bo de Samu que sen dúbida non está pasando a súa mellor tempada. Agora toca utilizar aquel dito de "Non choveu que non escampara..." Agardamos por ti.

Animo Samu e a recuperarse ben!!!

UNHA CARA E DOUS CRUCES NUNHA XORNADA PARA SENTIRSE ORGULLOSOS

Segunda División – Feminino - X24

Cultural Maniños 0 - 3 C.F. Dumbría


Gran exercicio de resistencia das xogadoras de O Pote. A pesar de presentarse ao encontro coas 11 xogadoras xustas e enfrontarse a un dos equipos máis fortes da liga, o equipo aguantou estoicamente durante gran parte do choque. Porén, a falta de cambios e o desgaste físico terminaron pasando factura ante o acerto visitante. 

Unha derrota que non empaña o compromiso dun grupo que o deu todo no campo.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial

Cultural Maniños 0 - 1 C.F. Monfero


​O fútbol volveu ser inxusto co filial. O equipo foi netamente superior no xogo, dominando os tempos e xerando perigo, pero a falta de acerto de cara á portería volveu ser o factor determinante. O Monfero aproveitou a súa oportunidade cun tanto de Alejandro Varela no minuto 48' para levar os tres puntos dun partido onde o Maniños mereceu moito máis.

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.galpreme aquí


Terceira Futgal – Veteranos

Cultural Maniños 2 – 1 Atlético Arteixo


Vitoria sufrida pero totalmente merecida para os veteranos. O partido púxose costa arriba cun gol de Darío Devoto para o Arteixo nunha xogada illada, e durante moitos minutos o porteiro visitante foi un muro que desesperou ao equipo branco. Lonxe de renderse, o Maniños seguiu asediando a área rival e mostrando o mellor xogo da tempada. Finalmente houbo premio e Juan R. Alvariño puxo as táboas no 60' e, xa no tramo final (83'), Javi Pedreiras non fallou dende o punto de penalti para certificar a remontada.

Tres puntos de ouro que reforzan a moral do grupo para o peche da tempada.

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

GO MANIÑOS

OS MODESTOS CAERON NO VAL TRAS PERDOAR EN EXCESO

O Cultural Maniños regresou de baleiro nun partido no que o resultado final foi demasiado duro para o visto sobre o terreo de xogo. 


O encontro comezou da mellor maneira para os nosos. Moi cedo, Hugo Cociña adiantaba ao Maniños no marcador dende o punto de penalti, poñendo por diante aos brancos e facendo soñar coa sorpresa. Co paso dos minutos, o partido foise equilibrando e o S.D. O Val conseguiu atopar o empate cando o descanso xa se achegaba, deixando o 1-1 no marcador ao intermedio. 

Na segunda metade, o Maniños deu un paso adiante  e dispuxo de ocasións moi claras para volver poñerse por diante. Porén, faltou acerto nos metros finais. E xa se sabe a regra non escrita do fútbol: quen perdoa… acaba pagándoo. 

Nos minutos finais, cando o equipo buscaba sumar, o Val aproveitou dúas accións para pechar o encontro con dous goles máis e deixar no electrónico un 3-1 enganoso polo visto durante o partido. 

Outra xornada na que o equipo compite, pero na que a dinámica pesa demasiado. Toca seguir traballando e crendo, porque este grupo non vai deixar de loitar. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (13-14-15) MARZO

INFANTILES (2º FASE - X09): EF Irmandiños 3 - Cultural Maniños 1
CADETES (FASE ASCENSO - X03): EF Irmandiños 2 - Cultural Maniños 2
XUVENILES (2º FASE - X10): Cultural Maniños 5 - Cedeira, SD 0
VETERANOS (X20): Cultural Maniños 2 (Juan e Javi Pedreiras) - Atlético Arteixo 1
FEMININO (X25): Cultural Maniños 0 - CF Dumbría 3
FILIAL - 3ª FUTGAL (X10): Cultural Maniños 0 - Monfero CF 1
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X26): SD O Val 3 - Cultural Maniños 1 (Hugo)

viernes, 13 de marzo de 2026

TALLERES GARCÍA SEMPRE CON NOS

Unha vez máis TALLERES GARCÍA de Monfero colabora con nos. Nesta ocasión con unhas sudadeiras para o noso Filial


En Talleres García asesoran na compra o sustitución da súa maquinaria Agrícola, Forestal o Xardinería, ofrecendo un servicio personalizado e profesional. 

Grazas!!!

Coñece máis Talleres García, preme aquí

jueves, 12 de marzo de 2026

HORARIOS FIN DE SEMÁN DO (13-14-15) MARZO

 

JUANITO AMIGO O "O FÚTBOL UNHA FORMA DE VIDA"

Dende a conta de TikTok @rubenfdorado repásase a traxectoria do ex xogador branco Juan Luis Amigo Ferreiro " Juanito".


Grazas @rubenfdorado polo cariño conque fiseches o vídeo. 

Xa sabedes a quen seguir en TikTok !!!

martes, 10 de marzo de 2026

MÉRCORES 18 MARZO - GRAN PERRITADA E HAMBURGUESADA NO POTE

 

NEFASTA XORNADA NO RESTO DE EQUIPOS DO CLUB

Resultados adversos para os nosos equipos este fin de semana, nunha xornada onde o esforzo non se viu reflectido no marcador.

Segunda División – Feminino - X23

Muxía C.F. 7 - 0 Cultural Maniños
Partido moi complicado no que as nosas non tiveron opción ante un rival que impuxo o seu ritmo dende o inicio. 

Toca borrar e pensar na vindeira semana. 

Seguimos!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial

Cultural Maniños 0 - 1 Libunca S.D.
Superiores no xogo e control do encontro, a falta de puntería lastrou o equipo. 

Un partido ondeo Cultural mereceu moito máis pero no que o balón non estivo de acordo.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Veteranos

Sporting Coruñés 1 – 0 Cultural Maniños
Nun campo de area impracticable, o equipo foi superior nunha gran primeira parte sen premio.

Na segunda, coas forzas máis igualadas, a fortuna volveu aliarse co bando local.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

E POBRE DO QUE QUEIRA QUITARNOS A ILUSION

GO MANIÑOS

DERROTA NO POTE ANTE O VICTORIA

Partido complicado no Pote. O Victoria entrou máis enchufado ao encontro e pronto conseguiu adiantarse no marcador, obrigando ao Maniños a remar desde os primeiros minutos.
Os nosos tentárono durante todo o partido, buscando recortar distancias, pero custou atopar ocasións claras ante un rival ben plantado atrás.

No 85’, Lindi devolveu a ilusión transformando unha falta directa e metendo ao Maniños de cheo no partido. A esperanza percorreu o Pote e o equipo volcouse na procura do empate. Pero xa no tempo de desconto, o Victoria anotou o terceiro gol que acabou coas esperanzas dos brancos.

Seguimos loitando xuntos !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

lunes, 9 de marzo de 2026

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (6-7-8) MARZO

PREBENXAMÍN (2º FASE - X08): Cultural Maniños - Galicia Mugardos (X)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X08): Libunca, SD - Cultural Maniños (2)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X08): Cultural Maniños - SD O Val "B" (2)
ALEVINES (2º FASE - X08): AD Miño - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (2º FASE - X08): Cultural Maniños 0 - CD Cariño 4
CADETES (FASE ASCENSO - X02): Cultural Maniños 2 - CMI Club de Campo 0
XUVENILES (2º FASE - X09): SD Valdoviño 2 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (X19): Sporting Coruñés 1 - Cultural Maniños 0
FEMININO (X24): Muxía CF 7 - Cultural Maniños 0
FILIAL - 3ª FUTGAL (X09): Cultural Maniños 0 - SD Libunca 1
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X25): Cultural Maniños 1 (Lindi) - Victoria CF 3 

lunes, 2 de marzo de 2026

HORARIOS FIN DE SEMÁN DO FEBREIRO E (6-7-8) MARZ0

NOTA

Ademáis por fin con o partido desde mércores de categoría infantil o noso Club recupera todolos partidos adiados polas suspensións provocadas polas condicións adversas dos días (23-24) e (30) de xaneiro.

O partido e a data do partido a recuperar é a seguinte:

INFANTILES
Cultural Maniños - CMI Club Campo "B"
Mércores 4, 17:30 H.
O Pote.

GO MANIÑOS

UN GOL NO DESCONTO DEIXOU SEN PREMIO AOS VETERANOS

Partido igualado e de moita intensidade no campo do Pote. O encontro mantívose aberto durante moitos minutos, con alternativas e ocasións para ambos conxuntos.
Na segunda metade chegaron os goles. O Club do Mar adiantouse no 55’, pero o Maniños respondeu con personalidade e empatou por medio de Javi Rico (57’) apenas dous minutos despois.

Cando mellor estaban os nosos, un tanto no desconto (91’) deixou sen premio ao equipo tras un gran esforzo colectivo.

Os veteranos competiros, reaccionaron e estiveron vivos ata o final ante un dos galos da categoría. Esa é a liña. Agora toca seguir.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

DURA DERROTA DOS MODESTOS NA PORTA SANTA

Dura saída para os nosos nun campo sempre esixente e cun equipo en dinámica ascendente. A Cultural non entrou cómoda no partido e o rival aproveitou moi cedo unha acción a balón parado para adiantarse (4’). O gol condicionou o encontro e obrigou ao Maniños a dar un paso adiante.
O equipo intentou ter máis presenza en campo contrario, pero faltou precisión nos últimos metros. Antes do descanso, o Paiosaco ampliaba a diferenza (31’) nunha acción rápida.
Na segunda metade buscouse reaccionar, con máis intención que claridade, pero un terceiro tanto no 51’ puxo o encontro moi costa arriba. Tocou remar, competir e non baixar os brazos ata o final, pero non foi o día.

O mellor foi que o forte impacto de Adri "Lindi" contra unha das baldas perimetrais do campo quedase nun susto pese a aparotosidade do impacto.

Derrota que doe, pero que debe servir para analizar, corrixir e buscar a mellor versión do equipo.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (27-28) FEBREIRO E (1) MARZO

PREBENXAMÍN (2º FASE - X07): Cultural Maniños CMI Club Campo "B" (1)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X07): CD Estrella Solaina "B" - Cultural Maniños (X)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X07): Cultural Maniños - Cedeira, SD (1)
ALEVINES (2º FASE - X07): Eume Deportivo "B" - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (2º FASE - X07): CCRD Perlío 7 - Cultural Maniños 0
CADETES (FASE ASCENSO): DESCANSAN
XUVENILES (2º FASE - X08): Cultural Maniños 5 - SD Portuarios "B" 3
VETERANOS (X18): Cultural Maniños 1 (Javi Rico) - Club do Mar 2
FEMININO (X23): DESCANSAN
FILIAL - 3ª FUTGAL (X08): DESCANSAN
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X24): UD Paiosaco 3 - Cultural Maniños 0

jueves, 26 de febrero de 2026

PEDRO ESPAÑA VOLVE A CASA

Hai despedidas que doe escribir… pero hai regresos que se celebran o dobre.
O que un día foi “ata logo” hoxe convértese nun benvido de novo:

Pedro España volve vestir de branco, volve ao Pote, volve á súa casa.

Porque hai vínculos que non se rompen.

Porque hai xogadores que sempre son dos nosos.

Porque a ilusión tamén é volver empezar xuntos 

Aquí nunca deixaches de ser un dos nosos.

Desexámoste toda a sorte do mundo!!!

Benvido á casa, Pedro !!!

martes, 24 de febrero de 2026

O CADETE EMPEZOU A FASE DE ASCENSO A 1ª FUTGAL

Despóis de quedar encuadrado na 2ª Futgal por unha liga condicionada ao número de equipos que participan na mesma a intención de noso equipo Cadete é recuperar a categoría que nunca tivo que perder.

O primeiro paso consigueuse ao clasificar para a fase de ascenso quedando no seu grupo no segundo posto pasando ao grupo de ascenso xunto ao Meirás CF e ao Libunca, SD xunto aos tres clasificados doutro grupo a EF Irmandiños, Eume Deportivo e CMI Club de Campo. De estos 6 equipos ascenderán 3.

Os nosos comenzaron a súa singladura visitando ao Eume Deportivo no seu campo da Gándara vencendo por (1-2). Forma inmellorable para comenzar esta fase decisiva.

Moita sorte equipo!!!

GO MANIÑOS

lunes, 23 de febrero de 2026

O MARTES 24 RECUPÉRASE O PARTIDO ADIADO DO BENXAMÍN "A"

Só quedan dous partidos por recuperar polas xornadas adiadas polas diferentes alertas que asolaron la comarca de Ferrolterra e o país en xeral. 

Este martes recuperase o partido adiado do Benxamín "A" que se ten que xogar no Pote e será a partir das 18:00 H. e o rival o CMI Club de Campo "B".

Só falta o partido de infantiles pero xa se está gestionando para fixar a data en breves.

GO MANIÑOS

CRUZ NO RESTO DA XORNADA

Xornada complicada para os nosos equipos, onde o esforzo non se viu reflectido no marcador final. Toca analizar , corrixir e manter a cabeza alta , porque como ben dicimos: "E pobre do que queira quitarnos a ilusión".

 Segunda División – Feminino - Xornada 21
CULTURAL MANIÑOS  1 - 3 ORILLAMAR S.D.
Dura derrota  nun duelo directo na zona baixa da táboa. Era un partido marcado en vermello polo igualados que chegaban ambos conxuntos, pero o Maniños non puido amarrar os puntos na casa.

Malia o gol de Lorena Saavedra, o Orillamar estivo máis acertado e levou un botín que obriga ás nosas a traballar arreo para atopar a dinámica positiva.

Toca erguerse!!!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial - XORNADA 7
 S.D.C. Y R. NARÓN FREIXO 3 - 0 CULTURAL MANIÑOS 
O filial tamén sufriu a pegada do Narón Freixo nun encontro onde os locais non perdoaron. O equipo non acaba de atopar a súa mellor versión nestas últimas semanas; fáltalle esa chispa e solvencia coa que empezou a tempada, onde se amosaba como un bloque moito máis competitivo.

Toca seguir collendo experiencia nesta categoría tan esixente  para que os resultados comecen a chegar.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Veteranos  - XORNADA 17
 CULTURAL MANIÑOS  2 – 3 VIOÑO C.F.
O partido tivo dúas caras  moi diferenciadas. O Maniños comezou de forma inmellorable , dominando  e poñéndose por diante grazas á puntería de Javi Rico  e a un un gol de falta de Javi Pedreiras. Todo parecía controlado ata que un penalti en contra meteu ao Vioño no encontro.

Eses minutos non se souberon xestionar  e, nun visto e non visto, o Vioño aproveitou o desconcerto  para darlle a volta ao marcador. Tralo golpe, o Maniños non se rendeu: foi superior, mandou no xogo  e tratou de atacar a porta visitante  en busca do empate con máis corazón  que cabeza. A falta de claridade nos metros finais  impediu que o esforzo se transformase en gol.

Unha mágoa, toca reguir remando!! 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

GO MANIÑOS

DERROTA DOS MODESTOS ANTE A SD POL NA RECTA FINAL DO PARTIDO

Derrota dos modestos ante un serio SD Pol que demostrou no Pote a súa pegada. Partido moi competido, decidido por detalles aunque as mellores ocasións foron visitantes.
Golpeou primeiro o Pol no 20’, poñéndose por diante nun encontro que xa se intuía igualado. Pero o Maniños non tardou en reaccionar. No 34’, Hugo Cocina transformou un penalti con sangue frío para facer o 1-1 e devolver a xustiza ao marcador tras o bo traballo colectivo.

A segunda metade foi de ti a ti, con alternativas e moita tensión competitiva. O equipo estivo vivo, ordenado e crendo no plan. Ata que na recta final chegaron os golpes decisivos. No 83’, Fernando Cuadrado adiantou ao Pol e, no 87’, volveu marcar dende o punto de penalti, pechando o partido cun resultado máis amplo do que se viu no campo.

Outra vez os detalles, outra vez os minutos fináis… pero tamén outra vez un equipo que compite, que non baixa os brazos e que está máis preto do que parece. As dinámicas cambian traballando, e este grupo está niso.

Cabeza alta. Seguimos.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (20-21-22) FEBREIRO

PREBENXAMÍN (2º FASE - X06): CD Cariño - Cultural Maniños (X)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X06): Cultural Maniños - FC Ortigueira (1)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X06): SD Portuarios - Cultural Maniños (1)
ALEVINES (2º FASE - X06): Cultural Maniños - Galicia Mugardos (1)
INFANTILES (2º FASE - X06): Cultural Maniños 3 - Numancia, ADR 4
CADETES (FASE ASCENSO - X01): Eume Deportivo 1 - Cultural Maniños 2
XUVENILES (2º FASE - X06): DESCANSAN
VETERANOS (X17): Cultural Maniños 2 (Javi Rico e Javi Pedrieras) - Vioño CF 3
FEMININO (X22): Cultural Maniños 1 (Lore) - Orillamar, SD 3
FILIAL - 3ª FUTGAL (X07): SCRD Narón O Freixo 3 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X23):  Cultural Maniños 1 (Hugo) - SD Pol 3

jueves, 19 de febrero de 2026

XA TEMOS RIVAL NOS CUARTOS DE FINAL DA COPA DE FERROLTERRA

De novo o derbi fenés dilucidará o pase a semifinales da Copa de Ferrolterra nesta XXV edición. Será nos Pinares o 19 de marzo e enfrentará ao CCRD Perlío e ao noso Club.

Un partido apaixoante con gran tradición entre dous equipos tradicionalmente copeiros.

A dalo todo!!!

GO MANIÑOS

miércoles, 18 de febrero de 2026

HORARIOS FIN DE SEMÁN DO (20-21-22) FEBREIRO

 

CLASIFICADOS PARA CUARTOS DE FINAL XXV COPA DE FERROLTERRA

Partido serio, maduro e moi completo dos nosos Modestos para selar o pase á seguinte rolda da Copa de Ferrol.

Golpeamos primeiro con Brais tras unha boa acción colectiva que empezaba a marcar o camiño. Na segunda metade, o equipo non baixou a intensidade, controlou os tempos e ampliou diferenzas con Christian. E no tramo final… golazo de Julián Pardo, deses que levantan á bancada e que pechan unha noite perfecta cunha firma de categoría.

Non todo foron boas novas. Tivemos que lamentar a lesión de Hugo Lorenzo, que tivo que abandonar o partido e está pendente de probas. Tamén a de Christian, aparentemente de menor gravidade, e agardamos que quede nun simple susto.

Moito ánimo para os dous. Dende aquí desexar que ambas lesións queden niso, nun susto, e pronto os teñamos de volta defendendo o noso escudo e disfrutando do fútbol.

Seguimos soñando. Seguimos competindo.

A cuartos!!!

GO MANIÑOS

CARMEN E ÁNGEL NAS SELECCIÓNS SUB 13

Subimos as fotos para o recordo de os nosos xogadores Carmen Bermúdez e Ángel Mesa que defenderon as cores das respectivas selecións Ferrolanas na categoría SUB 13 nos Campionatos Galegos por Delegacións celebrados en Mos (a feminina) e no Ríoseco de Narón (a masculina).



Unha honra para o noso Club.

PARTICIPACIÓN DE ÁNGEL MESA CON LA SELECCIÓN SUB 13

Este martes 17, finalizou a participación de Ángel Mesa no Campionato Galego por Delegacións na categoría SUB 13. 



O balance foi un empate ante Ourense e 2 derrotas duras ante Coruña e Pontevedra. 

Esperamos que fora unha gran experiencia. 

Ángel, estamos moi orgullosos de ti!!!

lunes, 16 de febrero de 2026

(1/8) FINAL - COPA DE FERROLTERRA

Este martes a partir das 20:00 H. no Campo de Aneiros xogamos a continuidade na Copa a partido único ante o SRD Canido, un histórico do fútbol ferrolán que volveu esta tempada a competir. 

Anímate e ven a apoiar aos nosos!!!

GO MANIÑOS

SITUACIÓN A DÍA DE HOXE DOS PARTIDOS ADIADOS

Como xa se comentou se irá actualizando as datas dos partidos adiados pola RFGF nas xornadas do (23-24) de xaneiro e neste finde a do día (29).

Despóis dunha semana intensa e de que todas partes afectadas fixeran un forte exforzo por poñerse ao día, o nos Club ten só dous partidos pendentes que son os seguintes:

BENXAMÍN "A"
Cultural Maniños - CMI Club Campo "B" (do vernes 30)

INFANTILES
Cultural Maniños - CMI Club Campo "B" (do vernes 30)

En ambos casos estase negociando unha data para poder xogarse o partido co menos perxuicio para ambas partes. 

Seguiremos actualizando...

GO MANIÑOS

CRUZ NA XORNADA SENIOR

Segunda División – Feminino

❌ ESTEIRANA S.D. 2 - 0 CULTURAL MANIÑOS

As nosas guerreiras non puideron sumar na súa visita á Esteirana. Un partido de moita pelexa onde faltou a fortuna de cara ao gol. 

Cabeza alta e a pensar xa no vindeiro reto. ¡Imos, rapazas!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial
 
❌ CULTURAL MANIÑOS 1 - 4 S.R.D. CANIDO 

Jornada complicada  para o noso filial. 
A pesar do gol de Rubén, o Canido amosou a súa eficacia de cara a porta. Toca seguir traballando duro nos adestramentos para volver á senda da vitoria.

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Veteranos

❌  CECEBRE S.D. 5 – 3 CULTURAL MANIÑOS

¡Partidazo de moitos goles e moita entrega! Non puido ser en Cecebre, pero os nosos veteranos loitaron ata o último suspiro nun partido vibrante e cheo de alternativas, mereceron máis os do Pote que acusaron demasiado quedarse en inferioridade.

¡Orgullosos do voso esforzo! 

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

"E POBRE DO QUE QUEIRA QUITARNOS A ILUSIÓN" 

GO MANIÑOS