A dinámica e o feito de xogarse entre semana notouse, cun Maniños que intentaba pero sen atopar fluidez nos últimos metros. Aínda así, os brancos tiveron opcións para, polo menos, rascar un punto.
Pero o fútbol ás veces é cruel… No minuto 38, un gol de Javier Souto decantou o partido para o Dumbría, nunha das poucas accións decisivas do encontro.
Na segunda metade, o Maniños empurrou con máis corazón ca claridade, pero non foi quen de atopar o gol do empate.
Derrota pola mínima nun partido no que o máis xusto seguramente sería o reparto de puntos.
Seguimos, máis unidos ca nunca!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
