miércoles, 18 de febrero de 2026

CLASIFICADOS PARA CUARTOS DE FINAL XXV COPA DE FERROLTERRA

Partido serio, maduro e moi completo dos nosos Modestos para selar o pase á seguinte rolda da Copa de Ferrol.

Golpeamos primeiro con Brais tras unha boa acción colectiva que empezaba a marcar o camiño. Na segunda metade, o equipo non baixou a intensidade, controlou os tempos e ampliou diferenzas con Christian. E no tramo final… golazo de Julián Pardo, deses que levantan á bancada e que pechan unha noite perfecta cunha firma de categoría.

Non todo foron boas novas. Tivemos que lamentar a lesión de Hugo Lorenzo, que tivo que abandonar o partido e está pendente de probas. Tamén a de Christian, aparentemente de menor gravidade, e agardamos que quede nun simple susto.

Moito ánimo para os dous. Dende aquí desexar que ambas lesións queden niso, nun susto, e pronto os teñamos de volta defendendo o noso escudo e disfrutando do fútbol.

Seguimos soñando. Seguimos competindo.

A cuartos!!!

GO MANIÑOS