lunes, 30 de marzo de 2026

NA MAROSA CHEGOU A PRIMEIRA VICTORIA A DOMICILIO

Por fin chegou a ansiada vitoria para o Cultural Maniños. Despóis de semanas de traballo, insistencia e fe no camiño marcado, o esforzo do equipo branco acabou tendo recompensa nun campo sempre complicado como o da S.D. Burela.


O encontro foi igualado durante moitos minutos, con dous equipos ben colocados e poucas concesións defensivas. O Maniños amosouse serio, paciente e comprometido co plan de partido, sabendo que a constancia acabaría inclinando a balanza. 

Co paso dos minutos, o traballo colectivo dos brancos foi facendo dano e, xa no tramo final, chegaría o premio. No minuto 82, Gonza rompeu o equilibrio de penalti e desatou a alegría do equipo.  Co rival tentando reaccionar, o Maniños sentenciou no 87, cando Christian puxo o 0-2 definitivo no marcador. 

Un triunfo moi traballado que confirma que o equipo segue crendo no seu fútbol e que o esforzo e a perseveranza acaban tendo recompensa. Desta vez, a balanza caeu do lado dos brancos, que regresan cunha vitoria tan merecida como necesaria. 

Agora toca seguir!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí