lunes, 16 de marzo de 2026

OS MODESTOS CAERON NO VAL TRAS PERDOAR EN EXCESO

O Cultural Maniños regresou de baleiro nun partido no que o resultado final foi demasiado duro para o visto sobre o terreo de xogo. 


O encontro comezou da mellor maneira para os nosos. Moi cedo, Hugo Cociña adiantaba ao Maniños no marcador dende o punto de penalti, poñendo por diante aos brancos e facendo soñar coa sorpresa. Co paso dos minutos, o partido foise equilibrando e o S.D. O Val conseguiu atopar o empate cando o descanso xa se achegaba, deixando o 1-1 no marcador ao intermedio. 

Na segunda metade, o Maniños deu un paso adiante  e dispuxo de ocasións moi claras para volver poñerse por diante. Porén, faltou acerto nos metros finais. E xa se sabe a regra non escrita do fútbol: quen perdoa… acaba pagándoo. 

Nos minutos finais, cando o equipo buscaba sumar, o Val aproveitou dúas accións para pechar o encontro con dous goles máis e deixar no electrónico un 3-1 enganoso polo visto durante o partido. 

Outra xornada na que o equipo compite, pero na que a dinámica pesa demasiado. Toca seguir traballando e crendo, porque este grupo non vai deixar de loitar. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí