lunes, 16 de marzo de 2026

UNHA CARA E DOUS CRUCES NUNHA XORNADA PARA SENTIRSE ORGULLOSOS

Segunda División – Feminino - X24

Cultural Maniños 0 - 3 C.F. Dumbría


Gran exercicio de resistencia das xogadoras de O Pote. A pesar de presentarse ao encontro coas 11 xogadoras xustas e enfrontarse a un dos equipos máis fortes da liga, o equipo aguantou estoicamente durante gran parte do choque. Porén, a falta de cambios e o desgaste físico terminaron pasando factura ante o acerto visitante. 

Unha derrota que non empaña o compromiso dun grupo que o deu todo no campo.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial

Cultural Maniños 0 - 1 C.F. Monfero


​O fútbol volveu ser inxusto co filial. O equipo foi netamente superior no xogo, dominando os tempos e xerando perigo, pero a falta de acerto de cara á portería volveu ser o factor determinante. O Monfero aproveitou a súa oportunidade cun tanto de Alejandro Varela no minuto 48' para levar os tres puntos dun partido onde o Maniños mereceu moito máis.

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.galpreme aquí


Terceira Futgal – Veteranos

Cultural Maniños 2 – 1 Atlético Arteixo


Vitoria sufrida pero totalmente merecida para os veteranos. O partido púxose costa arriba cun gol de Darío Devoto para o Arteixo nunha xogada illada, e durante moitos minutos o porteiro visitante foi un muro que desesperou ao equipo branco. Lonxe de renderse, o Maniños seguiu asediando a área rival e mostrando o mellor xogo da tempada. Finalmente houbo premio e Juan R. Alvariño puxo as táboas no 60' e, xa no tramo final (83'), Javi Pedreiras non fallou dende o punto de penalti para certificar a remontada.

Tres puntos de ouro que reforzan a moral do grupo para o peche da tempada.

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

GO MANIÑOS