O primeiro equipo competiu con orde e entrega durante boa parte da primeira metade ante un rival de moita calidade. Porén, a efectividade local castigou en exceso aos nosos. Gianni recortou distancias cun remate de cabeza tras unha acción a balón parado, metendo ao equipo no partido. Sen embargo, un par de desconexións antes do lecer foron penalizadas polos locais que non perdoaron, deixando o choque moi costa arriba (4-1). Na segunda metade, o ritmo baixou e o marcador so se moveu ata o definitivo (5-1).
Toca seguir traballando...
Seguimos!!!
GO MANIÑOS