jueves, 5 de noviembre de 2026

DÍA MOI TRISTE PARA A FAMILIA BRANCA, FALECEU IGNACIO FONTÁN

Con profunda tristeza temos que comunicar que D. Ignacio Fontán Rivera "Fontán" faleceu no día de onte.

Fontán que defendeu as cores do Maniños tanto como xogador como adestrador durante moitos anos era unha referencia de grandes e inesquecibles momentos da historia do noso Club. Desde o punto de vista de humano unha gran persoa apreciada por todos os que o coñeceron.

Todo o noso apoio á súa muller, Pilar, ás súas fillas e ao resto da súa familia así como achegados e amigos.

Fontán, sempre será un dos nosos, botarémoste de menos.

DEP