O filial afrontou o partido ante un complicado ADC Moeche con seriedade, orde e vontade de competir, mantendo as súas opcións durante boa parte do encontro. Nunha tarde esixente, os brancos non baixaron os brazos e seguiron buscando o seu momento.
O gol de Juanlu no 77’ puxo e novo ao equipo no partido e devolveu a esperanza de poder pelexar ata o final. Finalmente, non foi posible atopar o camiño cara a un mellor desenlace, pero queda o esforzo e a capacidade de competir ante un bo rival.
Bo traballo e a seguir medrando, paso a paso.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aqui
Manel López en www.radiofusion,gal, preme aquí
VETERANOS
Os veteranos dominaron o partido e foron superiores ao seu rival durante boa parte dos minutos. A pesar deste dominio, custoulle aos do Pote xerar ocasións claras; un Vioño sempre batallador e as reducidas dimensións do campo dificultaron os ataques brancos.
Adiantouse o Vioño nunha xogada desafortunada, pero Javi Pedreiras, puxo o 1-1 no marcador Na segunda parte, o encontro volveuse máis embarullado e, tras volver adiantarse o Vioño, a Cultural intentouno ata o final, pero non foi quen de igualar a contenda.
Unha bagoa...
Seguimos!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aqui