Partido fundamental o disputado este domingo entre o Maniños, doído polas dúas últimas derrotas e un Cedeira necesitado de puntos para consolidar matematicamente a súa salvación. Dous equipos necesitados cada cun obxectivo claramente marcado e tres puntos demasiado valiosos para deixalos escapar.
![]() |
Ángel conducindo un balón nun intre do partido |
O comezo foi moi parecido ao dos últimos partidos, un Maniños titubeante e un Cedeira que inicialmente xeraba inquietude a balón parado pero sen chegar a xerar perigo claro. Con todo foi o Maniños o que se adiantou, perfecto centro desde a banda dereita de Adri que aproveitou Julián no segundo pau para poñer o (1-0). O partido seguiu moi nivelado sen un claro dominador por ningunha das dúas partes chegándose ao descanso sen moito máis que apuntar. (1-0) e pouco máis.
A segunda parte o Maniños fíxose dono do balón controlando o partido incluso xerando algunha ocasión clara como unha que Ángel en inmellorable posición botou fóra da portería. O Cedeira foi baixando e case non chegaba xa ás inmediacións de Mateo e cando mellor estaban os brancos un aparentemente inofensivo disparo raso desde o pico da área de Balbás sorprendeu a Mateo poñendo as táboas no marcador. Golpe anímico para os brancos que nesta ocasión se souberon superar e así un balón que chegou a Ángel en banda dereita segundo ataque branco, superou cun simulacro ao seu defensa para meterse a toda velocidade na área visitante, centrar raso e forte e aí un defensor do Cedeira tentando cortar meteu o balón na súa propia portería. (2-1) que facía xustiza. De aí ao final con 6 minutos e medio de desconto, control branco co medo a un balón parado onde os visitantes podían poñer as táboas pero non en xogo posto que case non chegaban ás inmediacións da portería de Mateo. Con sufrimento polo apretado do resultado o partido chegou ao seu fin ante a explosión de alegría da fiel afección branca.
Tres puntos de ouro que confirman o playoff aos brancos que o vindeiro domingo as 12:00 H en horario unificado, xogará o derradeiro partido de liga en San Pedro de Visma e ante o Oza Xuvenil co único obxectivo de sumar os tres puntos. A partir desta premisa, ver que pasa no Complexo Municipal de Vilaboa no partido entre Olímpico CF e Victoria CF para confirmar a posición final que se ocupe. Pero o único importante para os brancos é o seu partido e tentar como en calquera outro, gañalo. O único que está nas súas mans.
Así que se fai desde estas liñas faise un chamamento á afección branca para que se desprace a San Pedro de Visma o vindeiro domingo ao 12 Horas, para animar e apoiar o equipo e que se sinta arroupado en todo momento.
A por todas equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí