Tras unha tempada histórica que culminou cun ascenso inesquecible, temos a enorme alegría de anunciar que Adri continuará un ano máis como adestrador do Maniños.
O seu compromiso, a súa paixón e o seu liderado foron fundamentais para facer realidade un soño que parecía lonxano. Adrián representa os valores do club e o espírito dunha parroquia enteira que loita unida.
O capitán do barco segue a bordo, coa mirada posta en novos retos e coa mesma forza de sempre para seguir facendo historia.
Seguimos remando xuntos!!!
GO MANIÑOS