Como reza o titular, un soño feito realidade, o Cultural Maniños, SD despóis de case 63 anos de existencia disputará a próxima campaña en Preferente despois de superar este domingo 11 de maio do 2025 no Campo da Grela ao Oza Juvenil por (0-2) proclamándose Campión de Liga da sempre esixente Primeira Galicia.
![]() |
SOMOS DE PREFERENTE!!! |
Moitas xeracións de xogadores, adestradores, directivos durante moitos anos permitiron chegar a este domingo porque non podemos esquecer que non hai un presente sen un pasado por iso é conveniente e necesario lembralos porque unha parte deste éxito tamén é seu.
Do partido comentar que se decidiu por dous goles na segunda parte obra de Hugo que quitou os nervios aos brancos en relación ao seu partido e pendente do Olímpico vs Vitoria que se resolveu pola mínima para os locais que permitiu aos brancos levarse o gato á auga.
Felicitar aos 18 equipos que conformaron a competición que foi da máis emocionantes dos últimos tempos, sen un claro dominador e con moita igualdade onde calquera lle podía gañar a calquera. Desexar moita sorte ao Victoria CF e ao Olímpico CF na fase de ascenso e dar moitos ánimos aos amigos do Galicia de Caranza, Numancia e SD Valdoviño e que en nada están de volta.
Sen palabras para describir o estado de emoción no que se atopa a familia do Maniños nunha nube da que non se quere espertar. A gozalo brancos!!!.
Agradecer o incondicional apoio da afección branca que se desprazou a Coruña para animar e apoiar incondicionalmente o equipo!!!
PARABÉNS!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Clasificación Final 1ª GALICIA - GRUPO 1, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
Reseña en Diario de Ferrol, preme aquí