viernes, 18 de abril de 2025

SUFRIDA VICTORIA DOS MODESTOS EN CAMBRE

Partido chave o deste Xoves Santo nunha dura semana que tras as dúas primeiras probas e pendentes dunha terceira que será o domingo ante o potente Orillamar. E de momento a cousa vai ben pois superar ao Sporting Cambre a domicilio non está ao alcance de calquera pola calidade deste equipo. 

Intre do partido no "Dani Mallo"

O resumo é sinxelo, a primeira parte estivo mellor o
Maniños cun control claro do partido cun Cambre ben colocado buscando unha opción que nunca chegou. Polos seus parte  os brancos (de negro este xoves) tampouco dispuxeron de claras ocasións destacando un tiro desde o medio do campo de Miragaya que viu ao meta local adiantado e que non entrou por centímetros e un bo diparo de Pedro que respondeu de novo a bo meta local cunha gran parada. 

A segunda parte empezou cun Cambre que deu un paso á fronte e empezou a controlar o partido dispoñendo de achegamentos sen definición por falta de acerto ou malas decisións. E cando mellor estaban os locais e cando máis sufría o Maniños, xogada entre Angel e Adri, que levan o balón a Julián que filtra maxistralmente o balón a Santi que se planta só diante do meta local ao que supera por baixo. (0-1) e o partido poníase de fronte. Notou o gol en contra os locais que baixaron no seu empeño e ahí produciuse a xogada decisiva, roubo de Pedro que se vai só a portería e é derrubado ao bordo da área coa consecuente expulsión do defensor local. A falta é lanzada e transformada polo mesmo Pedro. E de aí ao final clama por ambos os equipos que deixaron pasar os minutos co coñecido resultado de (0-2) que permite aos brancos dar un forte impulso na clasificación. 

Importantes puntos e agora a afrontar o partido contra o Orillamar cos deberes feitos noutra final. Será no Pote o domingo a partir do 17.00 H.

Parabéns !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí