Partido moi difícil o que lle tocaba disputar aos brancos no sempre complicado Complexo Municipal de Vilaboa ante o Olímpico CF que sen dúbida está a acabar coa flechita para arriba demostrando o que en ningún momento dubidouse de que é un dos mellores equipos da competición.
O partido é de fácil resumo polo cual non se vai a profundar moito, os brancos adiantáronse no primeiro minuto por mediación de Pedro. A continuación outra de Pedro que detivo o meta local e aí como quen di acabouse a capacidade de producir do Maniños que non estivo cómodo e cometeu erros defensivos que lles custaron o partido. Dous cabezazos un na primeira parte e outro comezando a segunda tras un erro de marca nun córner ditaron sentenza. Máis e mellores ocasións dos locais que estiveron mellor e moito máis intensos. Vitoria xusta e sen nada que obxectar do Olímpico que nesta ocasión foi mellor.
![]() |
Intre do partido no Complexo Municipal de Vilaboa |
Derrota dolorosa da que hai que aprender para afrontar os dous partidos que quedan para acabar a competición e nos que haberá que dalo todo para garantir como mínimo a promoción de ascenso a Preferente. A levantarse e preparar o seguinte partido que é un derby ante o Cedeira que necesita sacar algo de O Pote debido aos seus problemas clasificatorios.
Agradecer a moitísima xente do Maniños que desprazouse a Vilaboa para apoiar ao equipo. Gracias!!!
Mañana volve a saír o sol !!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí