lunes, 21 de abril de 2025

DERROTA DURA DOS MODESTOS ANTE O ORILLAMAR

Partido que levantou moitas expectativas porque enfrontaba en O Pote ao líder co terceiro clasificado co recordo da primeira volta onde o Orillamar infrinxiu unha dura derrota aos brancos no que se entendeu como un accidente deportivo pero visto o visto neste partido de volta, é evidente que os coruñeses lle teñen collida a medida aos brancos. 

Intre do partido

O partido empezou cun
Orillamar máis enchufado pero o partido foise nivelando coa a parición estelar de Hugo que anotou dous golazos, o primeiro tras unha gran pase de Santi e o segundo cun gran disparo desde fóra da área. Sen grandes cousas a resaltar máis o partido chegou ao descasno cun tranquilizador (2-0). Nada máis comezar a segunda parte, puido o Maniños sentenciar o partido cun tiro de Gonza co porteiro fóra de portería que saíu lamiendo o poste. O partido transcorría sen grandes opcións para ningún dos equipos aínda que cun claro dominio do xogo dos visitantes e cun Maniños que deu un paso atrás cando unha xogada sen aparente perigo foi rematada por un xogador azul ao fondo das redes poñendo un axustado (2-1). Puido o Maniños case a continuación poñer o terceiro no marcador cun disparo de Pedro en inmellorable posición que non colleu portería e a partir de aquí xa dominio dos visitantes que lograron a remontada con dous goles nos instantes finais que foron un xarro de auga fría para xogadores e parroquia local. (2-3) e os puntos voan para a Coruña.

Derrota dura que demostra a complexidade e igualde da liga. Agora xa pasou, hai que lamerse as feridas e preparar psicolóxicamente o partido do próximo finde ante o potente Olímpico CF de Rutis no Complexo Municipal de Vilaboa

Agradecer ao numeroso público que acudiu a O Pote polo incondicional apoio e que o equipo se levantará despóis deste duro revés. Que ninguén o dubide...

Ánimo equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí