martes, 9 de julio de 2024

RUBÉN FEAL UN REFERENTE DA CANTEIRA BRANCA ABANDONA O CLUB

Pendentes do que suceda coa Terceira Galicia da Delegación de Ferrol e do futuro do segundo equipo da entidade, podemos confirmar a marcha de Rubén Feal Vilar (Rubi) un xogador que desenvolveu practicamente a súa carreira deportiva na base branca e que foi subindo polas diferentes categorías ata chegar ao filial da entidade onde levaba dúas tempadas sendo sempre un dos líderes e portando o brazalete de capitán, facendo a pretemporada e adestrando habitualmente cos modestos chegando a debutar en Primeira Galicia. Intachable comportamento durante todos estes anos.

Rubén Feal (Rubi)
(Foto: @uxiacalvophoto)

Agora Rubén decidiu aproveitar a oportunidade que lle ofrece outro equipo de Primeira Galicia e aceptar o reto. Desde aquí só desexarlle a mellor das sortes ao bo de Rubén nesta nova etapa deportiva e por suposto a nivel persoal. Iso se esperamos recibir a súa visita en O Pote, a súa casa, tanto a el como á súa Familia moi queridos por todos os que conforman o Cultural Maniños

Grazas por estes anos no Club !!!

Moita sorte Rubén !!!