jueves, 18 de julio de 2024

MIGUEL SEGURA, XUVENTUD E TRABALLO PARA A BANDA ESQUERDA

Miguel Segura
Miguel Segura Rodríguez (Miguel) convértese na última incorporación do Cultural Maniños e que do mesmo xeito que Marcos Piñeiro, Julián Pardo e Santi Díaz afronta a súa primeira tempada Senior.

Este naronés nado en 2005 empezou nas categorías de base de F8 do
CD Narón permanecendo no equipo amarelo ata acabar o seu último ano alevín onde gaña liga e copa. Ao pasar ao F11 vístese de verde fichando polo Racing Club Ferrol onde permanece tempoarada e media xa que a segundo volta ficha polo RC Deportivo da Coruña onde permanece dúas tempadas e media, proclamándose no seu último ano cadete, campeón de liga de División de Honra. No seu paso a xuvenís volta ao Racing de Ferrol donde permanece un ano, no seu segundo ano ficha polo CD Calasanz da Coruña para esta última tempada defender as cores do SDCR Narón O Freixo co que se proclamou campión de Liga con ascenso á nova Liga provincial. Este verán comenzará o seu ciclo en modestos vestido de branco.

Xogador intelixente, traballador, bo golpeo de balón e con chegada pode xogar en calquera posición da banda esquerda aínda que onde está máis habituado a xogar e onde está máis cómodo é no posto de lateral esquerdo aínda que sen dúbida a súa polivalencia axudará ao equipo en distintas posicións. Por tanto e como xa se dixo de outras nova incorporacións, importante reforzo que aumenta a competividade no grupo.

Moita sorte nesta nova etapa !!!

MIGUEL, BENVIDO A MANIÑOS

GO MANIÑOS