viernes, 12 de julio de 2024

JOSIÑO, COMPROMISO E TRABALLO AO SERVIZO DO EQUIPO

Jose Manuel Martínez "Josiño"
Jose Manuel Martínez Toimil (Josiño), convirtese en novo xogador do Cultural Maniños despois dunha vida enteira ligada ao Galicia de Mugardos, o seu único Club desde que empezou no fútbol demostrando unha lealtade e fidelidade a unhas cores digna de envexa e admiración.

Este mugardés nado en 1998 comezou aos 5 anos no Club da súa Vila e permaneceu no mesmo ata este verán (2003-2024) ascendendo polas súas diferentes categorías de bases sendo reseñable o Premio Voltaaría ao mellor xogador da liga Local Xuvenil (2016/17), o seu debut sendo xuvenil no primeiro equipo do Galicia de Mugardos (2016) que por aquel entón xogaba en 3.ª División (actual 3.ª RFEF) xogando tamén para os verdes en 1.ª Rexional para posteriormente xogar para o  seu filial cun pequeno parón para volver ao mesmo equipo finalizando a súa vinculación ao terminar esta tempada.

Xogador serio, comprometido, traballador e sobre todo de equipo ao que lle gusta pelexar por mellorar o equipo para conseguir os mellores resultados. Ocupa preferentemente posicións no medio do campo, en zonas de creación, elaboración e finalización de xogo estando máis cómodo nas fases fináis achegando rapidez e xerando ocasións de gol. Por tanto importante reforzo para o equipo que como noutros casos aumenta a competividade no grupo.

Moita sorte nesta nova etapa !!!

JOSIÑO, BENVIDO A MANIÑOS

GO MANIÑOS