lunes, 18 de diciembre de 2023

O MANIÑOS REENCÓNTRASE COA VICTORIA NO POTE

Terceira vitoria dos brancos en O Pote no que vai de tempada xa que desde a vitoria contra o Perlío o pasado 8 de outubro, tres derrotas consecutivas (Olímpico, Val e Boimorto) xunto ao partido suspendido ante o Crendes polo  peche das instalacións, facía moi necesaria esta vitoria e por fin dous meses e 7 días despóis a visita da SD Valdoviño foi propicia para sumar tres novos puntos en casa.

O partido foi desde o comezo de total control branco que desde o asubío inicial fíxose dono do partido. Así as ocasións ían aparecendo e na primeira que tivo Pitu adiantaba aos locais. Pouco despois primeira polémica, gran xogada de Ángel que é culminada por Christian e é sinalada fóra de xogo polo auxiliar da bancada. A posición de Christian era legal aínda que o propio era que o propio Ángel finalizase a xogada. O partido seguía sendo un monólogo cun Valdoviño defendendo con orde esperando o seu momento. E cando o partido morría na súa primeira metade un balón sen perigo aparente é defendido por Gonza co corpo, un xogador do Valdoviño e o propio Gonza chocan na acción e en cámara lenta e sen haber ningunha petición de penalti por parte dos laranxa o Colexiado sinala penalti. Entre que se produciu a xogada e a sinalización pasaron máis de 5 segundos. Á parte do dubidosa da xogada, a irregular forma en que se sinalou o penalti encrespó á afección branca. Penalti transformado por Noel. Xa nunha das últimas xogadas da primeira parte córner a favor é tocado por un dianteiro laranxa golpeando nun defensor local entrando na meta de Mateo. Pouco despois o Colexiado pita o final da primeira parte cun incrible (1-2) visto o visto no terreo de xogo e cun ambiente moi quente pola pésima actuación arbitral que derivou entre outras cousas e a causa das protestas coa expulsión de Abraham.

O Maniños colleu folgos no descanso e na segunda metade tivo a efectividade e o acerto que faltou na primeira parte. Numerosas ocasións e moi bo xogo. Pronto puxo as táboas, xogada por banda esquerda de Miragaya que centra ao primeiro pau e alí cabecea Christian ao fondo das mallas. (2-2). Pouco despóis unha cesión ao porteiro este falla e supérao o balón, entrando na rede máis dun metro aínda que ante a sorpresa de todos os alí presentes o árbitro deixa seguir e menos mal que a auxiliar de banquillos corre ao medio do campo concedendo o gol. E "salvou" ao principal porque o erro do árbitro era "catedralicio".  Na recta final un claro penalti a Álvaro (esta vez si acertou) transformado por Aitor e un gran disparo desde fóra da área puxo o definitivo (5-2) que reflicte acontecer en O Pote

Por tanto merecida vitoria dos brancos ante un SD Valdoviño con varios ex nas súas filas como Jorge o Yerai Daza ao que se lle desexa toda a sorte no que resta de tempada. 

A pesar de as 10 tarxetas amarelas (3 dobres amarelas con 3 expulsados) o partido foi noble e deportivo, incluso a lesión no minuto 2 de Javi Martínez cunha dobre fractura do tabique nasal foi unha xogada totalmente fortuíta. Moitos ánimos Javi !!!

Da arbitraxe do Sr. Julián Marcos Puget só dicir que os Clubs son bastantes máis serios que a imaxe dada por este señor durante o partido, absolutamente perdido e superado. Esperemos que o observador arbitral presente no partido tomase boa nota do nivel e criterio mostrado por este señor.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí