martes, 5 de diciembre de 2023

DERROTA POLA MÍNIMA ANTE O BOIMORTO

Derrota pola mínima dos modestos que foron derrotados por un Boimorto CF que aproveitou unha das poucas ocasións claras que tivo para adiantarse no marcador e posteriormente ser capaz de defenderse con orde e acerto mesmo os últimos 20 minutos de partido tras sufrir a expulsión do seu porteiro ao coller coa man un balón fóra da área o que intensificou o acoso local sen productividade.

O
Boimorto empezou mellor con control do partido pero sen xerar ocasións de gol. O Maniños foi de menos a máis pero tampouco foi quen de producir o suficiente como para  xerar perigo na portería visitante. Foi unha xogada individual do mellor xogador do Boimorto, Iván García, que gañou a liña de fondo e que remachou en liña de gol Adrián Rial. O Maniños notou o gol pero foi capaz de aguantar e de no encaixar outro golpe que podía ser definitivo. O partido foise ao tempo de lecer co adverso (0-1)

A segunda parte foi máis nivelada, sen un claro dominador e sen claras ocasións de gol. Todo cambiou coa clara expulsión do meta visitante e de aí ata o final acoso infrutuoso local cun Boimorto moi metido atrás tentando superar o asedio con moito oficio e experiencia o cual logrou chegándose ao final do partido co coñecido (0-1).

Paso atrás dos brancos no seu afán de asentarse na zona media alta da táboa pero coa sensación dun equipo vivo e que vai dar moita guerra no que queda de competición. Sen tempo para lamentarse este mércores partido de Octavos de Final de Copa en O Cadaval ante o CD Narón en horario "Champións", 19.30 H.

A seguir traballando para cambiar a xeira de malos resultados.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí