sábado, 15 de julio de 2023

PRIMEIRO EQUIPO - BAIXAS

Ademáis das renovacións e das altas, toca o momento de despedirse dalgúns xogadores que por diferentes motivos abandonan o Club.

As primeiras baixas confirmadas son as seguintes:

Óscar Amigo
Chegou ao equipo no verán do 2020  procedente do CD Narón (pincha aquí). Esa primeira tempada non se xogou pola pandemia para disputar dúas tempadas completas para os brancos (2021/22 e 2022/23). Nas súas dúas tempadas de branco disputou en Liga 53 partidos sobre 54 posibles con 50 titularidades, 6 partidos da fase de ascenso a Preferente (todos) e 7 partidos de copa. En total defendeu a elástica branca en partidos oficiáis en 66 partidos (29 e 37 nas respectivas tempadas) anotando un total de 2 goles (1 e 1).

Iván Amigo (Ipi)
Chegou á o Maniños na tempada 2021/22 procedente da SD O Val (pincha aquí) na fase final da recuperación dunha grave lesión de Ligamento cruzado. Por esa razón só estivo dispoñible para o adestrador na recta final do curso alternando o B con quen tiña ficha e o A con quen debuta na fase de ascenso a Preferente. Co primeiro equipo xogou un total de 37 partidos oficiais (6 e 31) anotando a espectacular cifra de 25 goles (4 e 21). No B xogou 5 partidos e anotou 6 goles. En total 42 partidos e 31 goles.

Iago Seijo
Ou fenés tivo dúas etapas cos brancos a primeira procedente do Eume (pincha aquí) en xullo de 2020 ano da pandemia e unha segunda desde xaneiro do presente ano procedente do CD As Pontes (pincha aquí). Disputou un total de 46 partidos de branco (28 e 18) anotando un total de 17 goles (14 e 3)

Desde estas liñas desexámoslles moita sorte no seu futuro tanto a nivel persoal como deportivo e lembrámoslles que Maniños sempre será a súa casa.