martes, 4 de julio de 2023

CHRISTIAN RODRÍGUEZ, TRABALLO, COMPROMISO E ILUSIÓN PARA O MEDIO DO CAMPO BLANCO

Christian Rodríguez
Christian Rodríguez López, Christian
(Narón, 2001) convértese na primeira alta da Cultural Maniños para a tempada 2023/24. Christian mediocentro con chegada e que na presente tempada anotou 21 goles vén coa ilusión de probar nunha nova categoría superior despóis de competir sempre na súa traxectoria de modestos en 2.ª Galicia

Empezou no fútbol aos 4 anos na EF Amistade Meirás ascendendo nas diferentes categorías do Club ata que aos 13 anos pasa ao Galicia de Caranza para xogar no seu segundo ano de infantís na Liga Galega para volver de novo á EF Amistade Meirás onde xoga en cadetes, xuvenís para finalmente subir ao primeiro equipo do Club onde competiu nas últimas tempadas. En definitiva 17 tempadas defendendo as cores da EF Amistade o que no fútbol actual é unha cifra difícil de igualar. Como resultados máis destacables pódense sinalar unha liga e un subcampeonato de copa en benjamines e a nivel individual gañou o premio ao mellor xogador masculino do Concello de Valdoviño no ano 2022.

Na súa faceta de xogador ocupa posicións no medio do campo onde non ten preferencias dada a súa polivalencia. Bo físico, bo xogo aéreo e moita chegada definen a Christian que agora terá o reto de demostralo nunha categoría tan esixente como a 1ª Galicia.

CHRISTIAN BENVIDO A MANIÑOS!!!

GO MANIÑOS